Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Latín e literatura grecolatina
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Explicacións teóricas estruturadas, a cargo do profesor, dirixidas ó conxunto dos alumnos. Os alumnos poden plantexar preguntas ou suxestións.
Seminarios Posta en común das lecturas ou das traducións. O alumnado deberá participar activamente, presentando as conclusións do seu traballo e discutindo as dos compañeiros.
Outros Estudar materiais didácticos. Ler obras literarias. Ler bibliografía especializada. Facer traducións. Facer consultas ó profesor. Buscar materiais nunha biblioteca. Buscar materiais en Internet.

O traballo persoal dos alumnos, tanto presenciais como semipresenciais, ten como complemento e guía unha páxina en "Faitic". Nela, os alumnos poden encontrar o seguinte:

1) Material teórico e práctico para estudar e practicar todos os aspectos tratados nas clases:
1a - Apuntamentos teóricos e cadros sobre todas as cuestións gramaticais.
1b - Vocabularios e exercicios para facer por escrito.
1c - Exercicios para facer no ordenador.

2) Cuestionarios de autoevaluación.

3) Unha "bitácora" na que se irá indicando, semana a semana, qué se explicou e traballou nas clases, qué se recomenda estudar, ler e practicar para esa semana, e qué material (con hipervínculos ós contidos da bitácora) se debe utilizar.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000