Guia docente 2017_18
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Retórica e poética
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Outros Exercicios indicados para as clases prácticas, que se revisarán e comentarán nestas: traballos tutelados, análise de textos; elaboración de pezas retóricas, etc. 50 A1
A2
A5
B4
B10
C7
C9
C20
D2
D5
D8
D10
D11
D12
Outras Dúas probas sobre o total de cada unha das dúas partes da materia (Poética e teoría literaria / Retórica clásica). A súa estrutura e contidos será semellante á dos exercicios realizados nas clases. 50 A1
A2
A5
B4
B10
C7
C9
C20
D2
D5
D8
D10
D11
D12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Como a materia consta de dúas partes (retórica e poética), impartidas por dous profesores, a nota final será a media aritmética das notas en cada unha das partes. É necesario, con todo, chegar ó aprobado en cada unha das partes como requisito para aprobar a materia. Se na primeira edición de actas se aproba unha das partes e non a outra, non é necesario volver avaliarse desa parte aprobada para a segunda edición de actas. 

AVALIACIÓN CONTINUA: 

A asistencia (80%) será requisito para a avaliación continua.

A realización dunha proba final
escrita terá lugar, ao terminar o cuadrimestre, coincidindo coa data fixada
pola Facultade para a avaliación única.

Convocatoria de xullo: en data
oficial fixada pola Facultade.

 

AVALIACIÓN ÚNICA:

Convocatoria de maio: a proba final terá lugar, ao terminar o cuadrimestre, na data fixada pola Facultade para a súa
realización.

Convocatoria de xullo: en data oficial fixada pola Facultade.

 

ALUMNADO SEMIPRESENCIAL:

O alumnado semipresencial pode ser avaliado, se así o desexa,
exclusivamente sobre a proba final de cada unha das dúas partes da materia.

Convocatoria de maio: a realización dunha proba final escrita terá lugar, ao terminar o
cuadrimestre, coincidindo coa data fixada pola Facultade para a avaliación
única. O profesorado pode indicar que é necesaria a presentación dalgún traballo como requisito previo para se presentar ó exame.

Convocatoria de xullo: en data oficial fixada pola Facultade. Igualmente, o profesorado pode indicar que é necesaria a presentación dalgún traballo como requisito previo para se presentar ó exame.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000