Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Retórica e poética
   Competencias
Código Descrición
A1 Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A5 Que os estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B4 Mellora da capacidade de comunicación en español, galego e portugués en diferentes contextos profesionais, traballando as destrezas de comprensión e expresión orais e escritas.
B10 Integrar coñecementos e poder desenvolver un proceso de comunicación sólido a partir dunha información que, aínda que sexa incompleta, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas ao proceso comunicativo.
C7 Coñecemento das correntes teóricas e metodolóxicas da teoría e crítica literaria.
C9 Coñecemento de retórica e estilística.
C17 Coñecemento teórico e práctico dos dicionarios do español/galego/portugués nos seus diferentes formatos.
D2 Comunicación oral e escrita na lingua materna.
D3 Capacidade de xerar novas ideas.
D6 Habilidade para traballar de forma autónoma.
D8 Capacidade de análise e síntese.
D9 Capacidade para manexar a bibliografía consultada e para citala axeitadamente.
D10 Respecto pola ética profesional e, en particular, pola propiedade intelectual.
D11 Capacidade para elaborar textos orais e escritos de diferente tipo.
D12 Capacidade para localizar, manexar e aproveitar a información contida en bases de datos e outros instrumentos informáticos e internet.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000