Guia docente 2017_18
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Sociolingüística
   Recomendacións


Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingüística: Introdución á lingüística aplicada/V01G400V01102
Lingüística: Lingüística xeral/V01G400V01204
 
Outros comentarios
Desde o primeiro día de clases, o alumnado terá á súa disposición en Faitic unha ampla "Bibliografía xeral" da materia (composta por manuais e textos clásicos, enciclopedias, diccionarios e revistas especializadas), con indicación daquelas referencias de interese directo para este curso, e máis daqueloutras complementarias pero dignas de consulta. Ademais, xunto co Guión de cada dos temas, entregarase unha Bibliografía específica, mesmo comentada, con indicación expresa das lecturas obrigatorias para cada tema. O alumnado poderá consultar e descargar calquera dos numerosos artigos de investigación sociolingüística da revista Sociolinguistic Studies (https://journals.equinoxpub.com/index.php/SS), editada por este profesor desde o ano 2000 (Reino Unido, 4 números/ano, edición papel e online): https://journals.equinoxpub.com/index.php/SS/issue/archive Recoméndase utilizar con frecuencia a biblioteca da nosa Facultade de Filoloxía e Tradución, que baixo a cota 801:316 ten unha moi boa sección de obras de Sociolingüística e eidos disciplinares afíns (bilingüismo, antropoloxía lingüística, análise interaccional e da conversa, pragmática xeral, socioloxía das linguas, etc.). Recoméndase a asistencia a clases coa máxima regularidade e con óptimo aproveitamento e concentración. Consideráse esencial para unha axeitada comprensión dos contidos teóricos e prácticos da materia. É responsabilidade do alumno manterse informado (a través da plataforma Faitic) dos materiais paulatinamente entregados, así coma das datas fixadas para as probas de avaliación. Así mesmo, recoméndase prestar a máxima atención á expresión lingüística, tanto en termos da calidade e rigor dos contidos coma do dominio léxico-gramatical. A copia ou plaxio total ou parcial en calquera traballo ou exame suporá un cero nesa proba. O descoñecemento do que seña plaxio non eximirá ó alumno da súa responsabilidade ó respecto. Para calquera alumno (incluidos os de intercambio) resulta indispensable ter unha formación básica en Lingüística Xeral.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000