Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Sociolingüística
   Recomendacións


Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingüística: Introdución á lingüística aplicada/V01G400V01102
Lingüística: Lingüística xeral/V01G400V01204
 
Outros comentarios
Recoméndase a asistencia a clases coa máxima regularidade e con óptimo aproveitamento. Consideráse esencial para unha axeitada comprensión dos contidos teóricos e prácticos da materia. É responsabilidade do alumno manterse informado (a través da plataforma Faitic) dos materiais paulatinamente entregados, así coma das datas fixadas para as probas de avaliación. Recomendase utilizar con frecuencia a biblioteca da nosa Facultade de Filoloxía e Tradución, que baixo a cota 801:316 ten unha moi boa sección de obras de Sociolingüística -así coma a consulta da ampla sección de obras e revistas do eido da Lingüística Xeral en calquera das súas pólas. Así mesmo, recoméndase prestar a máxima atención á expresión lingüística, tanto en termos da calidade e rigor dos contidos coma do dominio léxico-gramatical. A copia ou plaxio total ou parcial en calquera traballo ou exame suporá un cero nesa proba. O descoñecemento do que seña plaxio non eximirá ó alumno da súa responsabilidade ó respecto. Para calquera alumno (incluidos os de intercambio) resulta indispensable ter unha formación básica en Lingüística Xeral.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000