Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Sociolingüística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Aplicación dos contidos teóricos á resolución de prácticas, que deberán ser resoltas na casa polo alumno e posteriormente explicadas e corrixidas en clase. Valorarase moi especialmente a disposición participativa do alumnado. 10 A1
A5
B2
B6
B7
B8
C13
C15
D1
D10
Traballos tutelados Realización dun traballo de curso (traballo de campo e traballo analítico), que será corrixido e avaliado polo profesor. Este traballo ha ser entregado antes do día 15 de maio.
Os alumnos semipresenciais tamén deberán realizar este traballo, e coa mesma data de entrega.
40 A1
A2
C13
C15
D5
D8
D11
D12
Probas de resposta curta Dous exames parciais escritos (liberatorios) sobre os contidos teóricos e prácticos da materia, incluidas as lecturas obrigatorias. Estes exames terán lugar, respectivamente, na 8ª semana de clases e na 2ª semana de maio.
Os alumnos semipresenciais tamén deberán realizar estes dous exames, de xeito presencial, e nas mesmas datas, horas e aulas que se fixen para os alumnos presenciais (e que han ser anunciadas en Faitic); en caso contrario examinaranse dos contidos teóricos e prácticos da materia (incluidas as lecturas obrigatorias) nun único exame -na mesma data, hora e aula que o exame presencial da 2ª semana de maio.
50 A2
B1
C5
C13
C15
D1
D2
D5
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Primeira edición de Actas (maio).

a1) a avaliación continua realizarase consonte o detallado máis arriba. É obrigatorio realizar todas as probas previstas na avaliación. A nota final calcularase a partir das notas obtidas nas probas parciais, aplicando as porcentaxes especificadas, pero tendo en conta que en cada un dos 3 ítems debe obterse una cualificación de aprobado con independencia dos outros dous. O primeiro exame parcial ha ter lugar na 8ª semana de clases, e o segundo exame parcial na 2ª semana de maio (xa que logo, despois do período de docencia, e con independencia da data oficial de exame fixada no calendario desta Facultade). O alumnado que non consiga superar a materia nesta primeira edición de Actas (maio), será avaliado na segunda edición de Actas (xullo) mediante un exame baseado nos contidos suspensos da materia.

a2) Avaliación única (para aqueles alumnos que non poidan facer un seguemento regular da materia). As persoas que estean neste caso deberán comunicarllo ó profesor da materia ó comezo do cuadrimestre, durante as dúas primeiras semanas de clase. O exame de avaliación única terá lugar na data, hora e aula fixadas no calendario oficial aprobado na Xunta da Facultade de Filoloxía e Tradución. Neste exame entran os contidos (teóricos e prácticos) da materia, así coma as lecturas consideradas obrigatorias. A nota deste exame constituirá o 100% da cualificación final.

Os alumnos que escollan unha modalidade semipresencial deberán presentarse ós dous exames parciais (nas datas e horas que se fixen) e máis entregar o traballo de curso previsto. Os alumnos semipresenciais tamén deberán comunicarlle ó profesor a súa decisión ó longo das dúas primeiras semanas de clases.

Recoméndase encarecidamente a asistencia sistemática a clases, considerada esencial para unha óptima comprensión dos contidos teóricos e prácticos da materia.
Así mesmo, recoméndase unha participación activa no desenvolvemento das clases, cousa que se traduce tanto na consulta frecuente de dúbidas coma na actitude durante as clases prácticas.

En calquera dos casos, é responsabilidade do alumno (en calquera das modalidades) manterse ó tanto do traballo na materia (datas de realización das probas e de entrega do traballo final; entrega de materiais de lectura e de prácticas para clase, na fotocopiadora e máis en Faitic, etc.).

Segunda edición de Actas (xullo).

O exame correspondente á segunda edición de Actas (xullo) terá lugar na data, hora e aula do calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade, e nel a avaliación levarase a cabo mediante un exame (teórico e práctico, incluidas as lecturas obrigatorias) sobre os contidos suspensos da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000