Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Sociolingüística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Aplicación dos contidos teóricos á resolución de prácticas, que deberán ser resoltas na casa polo alumno e posteriormente corrixidas en clase. 10 A2
B2
B6
B7
C13
C15
D1
D8
Traballos tutelados Realización na casa de 3 tandas de prácticas, que serán corrixidas e avaliadas polo profesor (semanas de entrega, respectivamente: 4ª, 8ª e 12ª de clases). Realización dun traballo de curso (traballo de campo e traballo analítico), que será corrixido e avaliado polo profesor. Este traballo ha ser entregado a mediados de maio.
Os alumnos semipresenciais tamén deberán entregar estas prácticas e traballos, nas datas arriba fixadas.
60 A1
A2
C13
C15
D3
D6
D9
D10
D11
D12
Probas de resposta curta Dous exames parciais escritos (liberatorios) sobre os contidos teóricos da materia, incluidas as lecturas obrigatorias. Estes exames terán lugar, respectivamente, na 8ª semana de clases e na 4ª semana de maio.
Os alumnos semipresenciais tamén deberán realizar estes dous exames de xeito presencial nas datas e horas que se fixen; en caso contrario examinaranse dos contidos da materia (incluidas as lecturas obrigatorias) nun único exame final -na mesma data e hora que o exame da 4ª semana de maio.
30 A1
B1
C5
D3
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A avaliación será continua e realizarase consonte o detallado máis arriba. É obrigatorio realizar todas as probas previstas na avaliación. A nota final calcularase a partir das notas obtidas nas probas parciais, aplicando as porcentaxes especificadas. O primeiro exame parcial ha ter lugar na 8ª semana de clases, e o segundo exame parcial na 4ª semana de maio (xa que logo, despois do período de docencia). O alumnado que non consiga superar a materia nesta primeira edición de Actas (xuño), será avaliado na segunda edición de Actas (xullo) mediante un exame baseado nos contidos suspensos da materia.

Haberá una modalidade de avaliación única para aqueles alumnos que non poidan facer un seguimento regular da materia. As persoas que estean neste caso deberán comunicarllo ó profesor da materia ó comezo do cuadrimestre, durante as dúas primeiras semanas de clase. Esta avaliación única constará dun exame único baseado nos contidos teóricos e prácticos da materia (incluidas as lecturas obrigatorias), cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. Este exame ha ter lugar na mesma data e hora ca o segundo exame parcial (4ª semana de maio).

Os alumnos que escollan unha modalidade semipresencial deberán presentarse ós dous exames parciais (nas datas e horas que se fixen para eles) e máis entregar as prácticas e traballos tutelados previstos. Os alumnos semipresenciais tamén deberán comunicarlle ó profesor a súa decisión nas dúas primeiras semanas de clases.

Recoméndase encarecidamente a asistencia a clases, considerada moi importante para unha óptima comprensión dos contidos teóricos e prácticos da materia. Así mesmo, recoméndase unha participación activa no desenvolvemento do curso.

En calquera dos casos, é responsabilidade do alumno manterse ó tanto do traballo na materia (datas de realización das probas e de entrega das prácticas; entrega de materiais de lectura e de prácticas para clase, ben na fotocopiadora, ben en Faitic, etc.).

O exame da segunda edición de Actas terá lugar na data oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade, e nel a avaliación levarase a cabo mediante un exame baseado nos contidos suspensos da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000