Guia docente 2019_20
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Sociolingüística
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Explicación dos contidos esenciais da materia (e distinción respecto daqueles accesorios). Clarificación do aparato conceptual e terminolóxico-técnico (ó que se lle dará a máxima importancia). Orientación sobre as lecturas obrigatorias.
O alumnado semipresencial terá á súa disposición (en Faitic) os materiais base de cada un dos temas, incluídas as indicacións sobre as lecturas obrigatorias (lecturas que son comúns a todo tipo de alumnado).
Resolución de problemas Aplicación dos contidos teóricos á resolución de prácticas, que deberán ser resoltas na casa polo alumno e posteriormente corrixidas en clase.
O alumnado semipresencial terá á súa disposición (en Faitic) as prácticas de cada un dos temas -que, vía electrónica e/ou en titorías, poderán ser comentadas co profesor.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000