Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Sociolingüística
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Explicación dos contidos esenciais da materia (e distinción respecto daqueles accesorios). Clarificación do aparato conceptual e terminolóxico. Orientación sobre as lecturas obrigatorias.
O alumnado semipresencial terá á súa disposición (en Faitic) os materiais base de cada un dos temas, incluídas as indicacións sobre as lecturas obrigatorias (lecturas que son comúns a todo tipo de alumnado).
Resolución de problemas e/ou exercicios Aplicación dos contidos teóricos á resolución de prácticas, que deberán ser resoltas na casa polo alumno e posteriormente corrixidas en clase.
O alumnado semipresencial terá á súa disposición (en Faitic) as prácticas de cada un dos temas -que, vía electrónica e/ou en titorías, poderán ser comentadas co profesor.
Traballos tutelados Realización na casa de 3 tandas de prácticas, que serán corrixidas e avaliadas polo profesor (semanas de entrega, respectivamente: 4ª, 8ª e 12ª do curso).
Realización dun traballo de curso (traballo de campo e traballo analítico), que será corrixido e avaliado polo profesor. Este traballo ha ser entregado antes de que finalice o curso.
A entrega destas 4 tarefas (3 prácticas máis un traballo de curso) é tamén obrigatoria para os alumnos semipresenciais, que poderán envialas vía electrónica.
Titoría en grupo Consulta de dúbidas de calquera aspecto da materia.
O alumnado semipresencial poderá concertar co profesor titorías específicas (en grupo ou individuais, e tanto presenciais coma vía electrónica) encamiñadas a resolver as súas dúbidas na preparación da materia (contidos básicos e lecturas obrigatorias), na realización das prácticas ordinarias, na elaboración das prácticas para casa ou na do traballo final de curso.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000