Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Lingua portuguesa II
   Competencias
Código Descrición
A2 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A5 Que os estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B4 Mellora da capacidade de comunicación en español, galego e portugués en diferentes contextos profesionais, traballando as destrezas de comprensión e expresión orais e escritas.
B6 Ser quen de apreciar outras culturas e expresións artísticas e competentes para sensibilizar á contorna propia na apreciación da diversidad intercultural. Explorar ademais as repercusións sociais, profesionais, educativas e culturais dos usos lingüísticos e da aprendizaxe das linguas estudadas no grao.
C1 Perfecto dominio instrumental das linguas galega, española e portuguesa.
C2 Coñecemento da gramática das linguas galega, española e portuguesa.
C15 Coñecemento das repercusións lingüísticas e interculturais do contacto de linguas.
C18 Coñecemento teórico e práctico da fonética e fonoloxía do galego/español/portugués.
C20 Coñecemento da situación sociolingüística da lingua portuguesa.
D1 Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica
D5 Apreciación da diversidade e a multiculturalidade.
D6 Habilidade para traballar de forma autónoma.
D11 Capacidade para elaborar textos orais e escritos de diferente tipo.
D12 Capacidade para localizar, manexar e aproveitar a información contida en bases de datos e outros instrumentos informáticos e internet.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000