Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Lingua e comunicación oral e escrita: español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas -Exame: exercicios, actividades ou problemas (20%).

-Presentación de dous exercicios breves ao longo do cuadrimestre. (10%)
20 CB1
CB2
CG1
CE1
CE2
CE20
CT2
CT10
Presentación Presentación oral dun traballo individual cuxo tema se acordará previamente coa docente 30 CB4
CB5
CE1
CT2
Traballo tutelado Presentación dun traballo escrito sobre un tema relacionado coa materia. 30 CB1
CB4
CB5
CG9
CE1
CE20
CT2
CT10
CT11
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame: pregunta(s) aberta(s) sobre un tema do programa 10 CB2
CB5
CG1
CE2
CT10
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame: preguntas breves sobre aspectos concretos do programa 10 CB2
CB5
CG1
CE2
CT10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
PRIMEIRA *EDICI�*N DE ACTAS

Todas as alumnas e alumnos, tanto de réxime presencial como semipresencial, serán avaliados co sistema de avaliación continua, que require a presentación de dous exercicios breves -un deles poderá ser oral- (10%) e un traballo escrito (30%), unha presentación oral (30%) e un exame (30%). Neste exame, que terá lugar na data prevista no calendario oficial da Facultade, concéntranse as partes da avaliación definidas como "exame: preguntas abertas", "exame: preguntas breves" e "exame: exercicios, actividades e problemas".

Non se esixe asistencia a clase, aínda que se recomenda a todo o alumnado, presencial e semipresencial, que asista na medida das súas posibilidades. 

A entrega do traballo tutelado se programará para a terceira semana de novembro (23-27).

As presentacións orais terán lugar na semana do 14 ao 18 de decembro. Estas datas son orientativas e pode ser necesario modificalas dependendo da marcha do curso; o alumnado, asista ou non a clase, debe manter o contacto coa docente e estar pendente da plataforma MOOVI  para estar ao tanto das novidades ou axustes que se poidan producir.

Quen atope dificultade para respectar os prazos de entrega dos exercicios deberá contactar coa docente, que terá en consideración as circunstancias en cada caso e decidirá se procede facer algunha excepción. No caso do alumnado semipresencial, haberá flexibilidade na fixación da data para as presentacións orais.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

As alumnas e alumnos, tanto de réxime presencial como semipresencial, que non alcancen o aprobado na primeira oportunidade poderán presentarse en xullo, na data oficial correspondente, nas mesmas condicións que as que rexen para xaneiro. Isto implica que, ademáis de facer o exame, terán que facer entrega do traballo tutelado e realizar unha presentación oral. Poderán entregar tamén os exercicios breves. O alumnado que se atope no caso de ter aprobada algunha proba poderá conservar as cualificacións desa parte ou partes, previo acordo coa profesora, na oportunidade de xullo.

Tanto na primeira como na segunda edición das actas, non se poderá obter a calificación de aprobado si non se alcanza un  máximo de 5 puntos (sobre 10) en cada unha das partes que se indican a continuación:
exame (no seu conxunto), presentación oral e traballo
tutelado escrito.

Tanto nos exames como no resto dos exercicios e probas propostos se penalizarán os erros de expresión  (ortografía, puntuación, incoherencias sintácticas, uso inadecuado do léxico, etc.). No caso de que se detecte copia ou plaxio nalgunha proba, esta non se puntuará.

O alumnado erasmus interesado en cursar a materia deberá ter presente que resulta altamente recomendable ter un nivel de lingua española igual ou superior a C1.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000