Guia docente 2017_18
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Lingua e comunicación oral e escrita: español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas -Exame: exercicios, actividades ou problemas (20%).

-Presentación de dous exercicios breves ao longo do cuadrimestre. (10%)
30 A1
A2
B1
C1
C2
C20
D2
D10
Presentacións/exposicións Presentación oral dun traballo individual cuxo tema se acordará previamente coa docente 30 A4
A5
C1
D2
Traballo tutelado Presentación dun traballo escrito sobre un tema relacionado coa materia. 20 A1
A4
A5
B9
C1
C20
D2
D10
D11
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame: pregunta(s) aberta(s) sobre un tema do programa 10 A2
A5
B1
C2
D10
Probas de resposta curta Exame: preguntas breves sobre aspectos concretos do programa 10 A2
A5
B1
C2
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Todas as alumnas e alumnos, tanto de réxime presencial como semipresencial, serán avaliados co mesmo sistema, que require a presentación de dous exercicios breves -un deles podería ser oral- (10%) e un traballo escrito (20%), unha presentación oral (30%) e un exame (40%). Neste exame, que terá lugar na data prevista no calendario oficial da Facultade, concéntranse as partes da avaliación definidas como "Exame: preguntas abertas", "exame: preguntas breves" e "exame: exercicios, actividades e problemas".

Non se esixe asistencia a clase, aínda que se recomenda a todo o alumnado, presencial e semipresencial, que asista na medida das súas posibilidades. 

A entrega do traballo tutelado programarase para a segunda semana de novembro (6-10).
As presentacións orais terán lugar na semana do 27 de novembro ao 1 de decembro. Estas datas son orientativas e pode ser necesario modificalas dependendo da marcha do curso; o alumnado, asista ou non a clase, debe manter o contacto coa docente e estar pendente da plataforma FAITIC  para estar ao tanto das novidades ou axustes que se poidan producir.

Quen atope dificultade para respectar os prazos de entrega dos exercicios deberá contactar coa docente, que terá en consideración as circunstancias en cada caso e decidirá se procede facer algunha excepción. No caso do alumnado semipresencial, haberá flexibilidade na fixación da data para as presentacións orais.

As alumnas e alumnos, tanto de réxime presencial como semipresencial, que non alcancen o aprobado na primeira oportunidade poderán presentarse en xullo, na data oficial correspondente, nas mesmas condicións que as que rexen para xaneiro. Isto implica que, ademais de facer o exame, terán que facer entrega do traballo tutelado e os exercicios prácticos breves e realizar unha presentación oral. O alumnado que se atope no caso de ter aprobada algunha proba poderá conservar as cualificacións desa parte ou partes, previo acordo coa profesora, na oportunidade de xullo.

Non se poderá obter a cualificación de aprobado se non se alcanza un
mínimo de 5 puntos (sobre 10) en cada unha das partes que se indican a continuación:
exame (no seu conxunto), presentación oral e traballo
tutelado escrito.

Tanto nos exames como no resto dos exercicios e probas propostos penalizaranse os erros de expresión (ortografía, puntuación, incoherencias sintácticas, uso inadecuado do léxico, etc.). No caso de que se detecte copia ou plaxio nalgunha proba, esta non se puntuará.

O alumnado erasmus interesado en cursar a materia deberá ter presente que resulta altamente recomendable ter un nivel de lingua española igual ou superior a C1.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000