Presentacións/exposicións |
Presentación oral dun traballo individual cuxo tema se acordará previamente coa docente |
30 |
A4 A5
|
|
C1
|
D2
|
Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Exame: pregunta(s) aberta(s) sobre un tema do programa |
10 |
A2 A5
|
B1
|
C2
|
D10
|
Todas as alumnas e alumnos, tanto de réxime presencial como semipresencial, serán avaliados co mesmo sistema, que require a entrega de tres exercicios breves (10%) e un traballo escrito (20%), unha presentación oral (30%) e un exame (40%). Non se esixe asistencia a clase, aínda que se recomenda a todo o alumnado, presencial e semipresencial, que asista na medida das súas posibilidades.
A entrega do traballo tutelado programarase para a segunda semana de novembro (7-11). As presentacións orais terán lugar na semana do 28 de novembro ao 2 de decembro.
As partes da avaliación definidas como "Exame: preguntas abertas", "exame: preguntas breves" e "exame: exercicios, actividades e problemas" concentraranse nunha proba que terá un peso conxunto do 40% da cualificación final. Este exame terá lugar na data prevista no calendario oficial de exames da Facultade.
Quen atope dificultade para respectar os prazos de entrega dos exercicios deberá contactar coa docente, que terá en consideración as circunstancias en cada caso e decidirá se procede facer algunha excepción. No caso do alumnado semipresencial, haberá flexibilidade na fixación da data para as presentacións orais.
As alumnas e alumnos, tanto de réxime presencial como semipresencial, que non alcancen o aprobado na primeira oportunidade poderán presentarse en xullo, na data oficial correspondente, nas mesmas condicións que as que rexen para xaneiro. Isto implica que, ademais de facer o exame, terán que facer entrega do traballo tutelado e os exercicios prácticos breves e realizar unha presentación oral. O alumnado que se atope no caso de ter aprobada algunha proba poderá conservar as cualificacións desa parte ou partes, previo acordo coa profesora, na oportunidade de xullo.
Non se poderá obter a cualificación de aprobado se non se alcanza un
mínimo de 3 puntos (sobre 10) en cada unha das partes que se indican a continuación:
exame (no seu conxunto), presentación oral e traballo
tutelado escrito.
Tanto nos exames como no resto dos exercicios e probas propostos penalizaranse os erros de expresión (ortografía, puntuación, incoherencias sintácticas, uso inadecuado do léxico, etc.). No caso de que se detecte copia ou plaxio nalgunha proba, esta non se puntuará.
O alumnado erasmus interesado en cursar a materia deberá ter presente que resulta altamente recomendable ter un nivel de lingua española igual ou superior a C1. |