Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Lingua e comunicación oral e escrita: español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios -Exame: exercicios, actividades ou problemas (20%).

-Entrega de tres exercicios prácticos breves ao longo do cuadrimestre. (10%)
30 A1
A2
B1
C1
C2
C17
D2
D8
D11
Presentacións/exposicións Presentación oral dun traballo individual cuxo tema se acordará previamente coa docente 30 A4
A5
C1
D2
D11
Traballos tutelados Presentación dun traballo escrito sobre un tema relacionado coa materia. 20 A2
A4
A5
B9
C1
C17
D2
D8
D9
D11
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame: pregunta(s) aberta(s) sobre un tema do programa 10 A1
A5
B1
C2
D8
Probas de resposta curta Exame: preguntas breves sobre aspectos concretos do programa 10 A1
A5
B1
C2
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Non se poderá obter a cualificación de aprobado se non se alcanza un mínimo de 3 puntos (sobre 10) en cada unha das partes que se indican a continuación: exame (no seu conxunto), presentación oral e traballo tutelado escrito.

A entrega do traballo tutelado programarase para a última semana de outubro (26-30).
As presentacións orais terán lugar na terceira semana de novembro (16-20).
As partes da avaliación definidas como "Exame: preguntasa abertas", "exame: preguntas breves" e "exame: exercicios, actividades e problemas" concentraranse nunha proba que terá lugar na última semana de clase (14-18 de decembro; tamén podería ser, se é necesario para a planificación xeral do curso, o 21 ou 22 de decembro).

As alumnas e alumnos, tanto de réxime presencial como semipresencial, que non alcancen o aprobado en decembro co sistema arriba exposto poderán presentarse a exame no mes de xaneiro (día 15 de xaneiro). O día do exame deberán facer entrega do traballo tutelado e realizar unha presentación oral. O alumnado que non alcance o aprobado en xaneiro poderá presentarse a exame en xullo, na data oficial correspondente, nas mesmas condicións que rexen para o exame de xaneiro. O alumnado que se atope no caso de ter aprobadas parte das probas poderá conservar as cualificacións desas partes, previo acordo coa profesora, nas oportunidades de xaneiro e xullo.

Tanto nos exames como no resto dos exercicios e probas propostos penalizaranse os erros de expresión (ortografía, puntuación, incoherencias sintácticas, uso inadecuado do léxico, etc.). No caso de que se detecte copia ou plaxio nalgunha proba, esta non se puntuará.

O alumnado erasmus interesado en cursar a materia deberá ter presente que resulta altamente recomendable ter un nivel de lingua española igual ou superior a C1.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000