Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Lingua e comunicación oral e escrita: español
   Competencias
Código Descrición
A1 Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A4 Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que os estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B1 Capacitación do estudantado para que adquira coñecementos lingüísticos e literarios.
B9 Posuír as habelencias de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando de xeito autónomo baseándose nos coñecementos adquiridos e no uso das novas tecnoloxías.
C1 Perfecto dominio instrumental das linguas galega, española e portuguesa.
C2 Coñecemento da gramática das linguas galega, española e portuguesa.
C17 Coñecemento teórico e práctico dos dicionarios do español/galego/portugués nos seus diferentes formatos.
D2 Comunicación oral e escrita na lingua materna.
D8 Capacidade de análise e síntese.
D9 Capacidade para manexar a bibliografía consultada e para citala axeitadamente.
D11 Capacidade para elaborar textos orais e escritos de diferente tipo.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000