Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura: Crítica literaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Exposición oral por parte do alumnado dun tema concreto ou dun traballo (previa presentación
escrita).
Para o alumnado semipresencial, esta actividade é obrigatoria
35
Obradoiros Talleres de comentario poético. Traballarase intensivamente na análise formalista da linguaxe poética.
Valoración de capacidade de comprensión, argumentación e interpretación dos
métodos de análise.
Para o alumnado semipresencial, esta actividade é obrigatoria
30
Presentacións/exposicións Traballos que realiza o alumnado.
Probas que inclúen actividades, problemas ou casos a resolver. O alumnado debe dar resposta á actividade proposta, plasmando de xeito práctico os coñecementos teóricos e prácticos da materia.
Para o alumnado semipresencial, esta actividade é obrigatoria
35
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A asistencia a clase e o desenvolvemento dos traballos e exercicios da materia en tempo é obrigado para a persoa que queira ser avaliada pola modalidade continua e tamén para o alumnado da modalidade semipresencial. Para quen non siga esta modalidade de avaliación, alumnado semipresencial incluido, haberá un exame final antes de que conclúa o cuadrimestre (1ª edición das actas) e en xullo, no que se dará conta de toda a materia, tanto dateoría como da práctica.

Porcentaxe de presencialidade obrigatoria na avaliación continua para o olumnado presencial: 80%

A avaliación en xullo para o alumnado que tivera optado pola avaliación continua e non aprobase consistirá en facer exame e/ou traballos.

En calquera caso, a copia literal de traballos alleos sen recurrir ás convencións da cita redundará nun suspenso innegociable.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000