Resolución de problemas e/ou exercicios |
Realización correcta e en prazo dos problemas e exercicios que se propoñan ao longo do curso, tanto os realizados e entregados na clase como os entregados por medio de plataformas dixitais (esta posibilidade aplícase especialmente aos alumnos semipresenciais). |
20 |
Probas de resposta curta |
Resolución de cuestións breves sobre conceptos fundamentais da materia como parte dun ou dous exames presenciais.
Os alumnos semipresenciais deberán realizar estes exames presencialmente |
25 |
Na segunda convocatoria os estudantes que non demostraran a adquisición das competencias previstas deberán realizar un exame global e ademais deberán presentar un dossier coas actividades e exercicios do curso que non chegaran a facer ou non fixeran correctamente. A materia de exame inclúe, en calquera das modalidades, todas as lecturas consideradas obrigatoriass, así coma os contidos teóricos e prácticos que capacitan para resolver problemas e exercicios e responder a probas de resposta curta. As porcentaxes relativas de avaliación serán as mesmas que para a avaliación continua. Só como alternativa a actividades que pola súa natureza non se poden entregar por escrito, aumentará proporcialmente o peso relativo do exame escrito. |