Guia docente 2014_15
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Lingüística: Lingüística xeral
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Asistencia e participación nas clases teóricas e lectura dos textos complementarios que se indiquen.
Os alumnos semipresenciais deberán demostrar que consultaron as lecturas complementarias e outros materiais que se lles indique.
10
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización correcta e en prazo dos problemas e exercicios que se propoñan ao longo do curso, tanto os realizados e entregados na clase como os entregados por medio de plataformas dixitais (esta posibilidade aplícase especialmente aos alumnos semipresenciais). 20
Traballos de aula Realización correcta e en prazo dos traballos de aula que se propoñan ao longo do curso ou das actividades equivalentes que se propoñan aos alumnos semipresenciais para presentar a través das plataformas dixitais. 20
Probas de resposta curta Resolución de cuestións breves sobre conceptos fundamentais da materia como parte dun ou dous exames presenciais.
Os alumnos semipresenciais deberán realizar estes exames presencialmente
25
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de problemas e exercicios como parte dun ou dous exames presenciais.
Os alumnos semipresenciais deberán realizar estes exames presencialmente
25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na segunda convocatoria os estudantes que non demostraran a adquisición das competencias previstas deberán realizar un exame global e ademais deberán presentar un dossier coas actividades e exercicios do curso que non chegaran a facer ou non fixeran correctamente. 

A materia de exame inclúe, en calquera das modalidades, todas as lecturas consideradas obrigatoriass, así coma os contidos teóricos e prácticos que capacitan para resolver problemas e exercicios e responder a probas de resposta curta.

As porcentaxes relativas de avaliación serán as mesmas que para a avaliación continua. Só como alternativa a actividades que pola súa natureza non se poden entregar por escrito, aumentará proporcialmente o peso relativo do exame escrito.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000