Guia docente 2017_18
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Lingüística: Lingüística xeral
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación xeral da materia, da metodoloxía docente e dos procesos de avaliación
Lección maxistral Introdución aos conceptos e saberes relacionados coa temática da materia, apoiándose en lecturas complementarias e en comentarios e discusións na propia clase.

Os alumnos semipresenciais deberán realizar as lecturas que se indiquen, e recibirán apoio complementario de profesores e compañeiros mediante plataformas dixitais.
Resolución de problemas Problemas e exercicios relacionados coa análise estrutural das linguas e a análise discursiva.

Semanalmente, os estudantes deberán realizar problemas e exercicios relacionados coa clase teórica semanal, para entregar mediante plataformas dixitais e/ou presencialmente na clase práctica semanal, onde se comentarán eses exercicios e recibirán retroalimentación

Os alumnos semipresenciais deberán realizar os mesmos exercicios, en cantidade e calidade, que os alumnos presenciais, pero poderán entregalos por medios dixitais e recibir retroalimentación do mesmo xeito
Traballos de aula Actividades destinadas a fixación, ampliación e aplicación dos conceptos básicos relacionados coa temática da materia.

Son actividades de periodicidade tamén semanal, complementarias das clases teóricas e dos problemas e exercicios, pero máis destinadas á fixación de conceptos, para realizar na aula e/ou nas plataformas dixitais.

Os alumnos semipresenciais poderán realizar actividades equivalentes, en cantidade e calidade, e entregalas por medios dixitais. Recibirán retroalimentación tamén por medio das plataformas dixitais.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000