Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Lingüística: Lingüística xeral
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación xeral da materia, da metodoloxía docente e dos procesos de avaliación
Sesión maxistral Introdución aos conceptos e saberes relacionados coa temática da materia, apoiándose en lecturas complementarias e en comentarios e discusións na propia clase.

Os alumnos semipresenciais deberán realizar as lecturas que se indiquen, e recibirán apoio complementario de profesores e compañeiros mediante plataformas dixitais.
Resolución de problemas e/ou exercicios Problemas e exercicios relacionados coa análise estrutural das linguas e a análise discursiva.

Os alumnos semipresenciais deberán realizar os mesmos exercicios, en cantidade e calidade, que os alumnos presenciais, pero poderán entregalos por medios dixitais e recibir retroalimentación do mesmo xeito
Traballos de aula Actividades destinadas a fixación, ampliación e aplicación dos conceptos básicos relacionados coa temática da materia.

Os alumnos semipresenciais poderán realizar actividades equivalentes, en cantidade e calidade, e entregalas por medios dixitais. Recibirán retroalimentación tamén por medio das plataformas dixitais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000