Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura: Teoría da literatura
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral Valorarase a atención e a capacidade para intervir propoñendo ou rebatendo ideas, ou manifestando dúbidas ou dificultades de comprensión. O alumnado semipresencial ten catro sesións presenciais, que se valoran como tales a todos os efectos. 20 A1
A2
D2
Traballos de aula Cualificarase o resultado final do traballo na aula: a seriedade e compromiso coa propia aprendizaxe dos contidos que se avalían e a capacidade crítica. A redacción é un contido implícito desta materia, e, polo tanto, será tamén avaliada.
No caso do alumnado semipresencial, esta actividade é obrigatoria.
30 A1
A2
B7
C6
C7
D2
D3
Traballos tutelados Valorarase a profundidade do tratamento do tema, a orixinalidade (estará penalizada ao máximo a copia de materiais alleos) e o uso dunha linguaxe escrupulosamente correcta e precisa. Penalízase o plaxio cun suspenso innegociable.
No caso do alumnado semipresencial, esta actividade é obrigatoria. Estes traballos serán defendidos de maneira oral en clase en sesións preparadas a este efecto.
30 A1
A2
B7
C6
C7
Presentacións/exposicións Dos traballos tutelados (véxase máis abaixo): "Estes traballos serán defendidos de maneira oral en clase en sesións preparadas a este efecto". Esta proba é obrigatoria para o alumnado semipresencial 20 A1
A2
B1
B5
B6
B7
C6
C7
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua, o que implica asistencia, participación na aula e elaboración de traballos de índole diversa. Se non pode seguir a avaliación continua a alumna/o deberá comunicarllo argumentadamente á profesora. Isto é válido para o alumnado semipresencial. Se decide non concurrir ou non realizar ás distintas probas deseñadas para a avliación continuada, será avaliado mediante proba única.

Se a alumna/o prevé a imposibilidade de asistencia ás clases, deberá comunicarllo e xustificarllo á profesora.

Nos casos de renuncia á avaliación continua, o alumnado será avaliado mediante proba única, que se celebrará ao final do

cuadrimestre en horario de aulas. A proba constará de preguntas e exercicios sobre os contidos e lecturas do programa.

A mesma estrutura terá a proba na segunda edición de actas (xullo).

Na proba da segunda edición de actas, será preciso examinarse da materia íntegra

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000