Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura: Teoría da literatura
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase a atención e a capacidade para intervir propoñendo ou rebatendo ideas, ou manifestando dúbidas ou dificultades de comprensión.
10
Titoría en grupo
Ten como finalidade consultar as dúbidas que o grupo teña sobre a temática concreta ou a metodoloxía do traballo que teña que resolver. Valorarase a aportación particular neste traballo conxunto
10
Traballos de aula Cualificarase o resultado final do traballo na aula: a seriedade e a capacidade crítica. Penalízase o plaxio.
No caso do alumnado semipresencial, os traballos de aula son substituídos por traballos individuais que serán defendidos un día en clase
40
Traballos tutelados Valorarase a profundidade do tratamento do tema, a orixinalidade (estará penalizada ao máximo a copia) e o uso dunha linguaxe escrupulosamente
<br>correcta e precisa.
<br>No caso do alumnado semipresencial, os traballos de aula son substituídos por traballos individuais que serán defendidos un día en clase
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua, o que implica asistencia, participación e traballos. Se non pode seguir a avaliación continua o alumno/a deberá comunicarllo argumentadamente ao profesorado.

Se a alumna/o prevé a imposibilidade de asistencia ás clases, deberá comunicarllo e xustificarllo ao profesorado.

Nos casos de renuncia á avaliación continua, o alumnado será avaliado mediante proba única, que se celebrará ao final do

cuadrimestre en horario de aulas. A proba constará de preguntas e exercicios sobre os contidos e lecturas do programa.

A mesma estrutura terá a proba na segunda edición de actas (xullo).

Na proba da segunda edición de actas, será preciso examinarse da materia íntegra

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000