Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura: Teoría da literatura
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación da materia e da organización do traballo durante o curso. Asistencia abrigatoria para o alumnado presencial e o semipresencial.
Eventos científicos O alumnado pode e debe participar en outras actividades de carácter formativo que se organicen na Facultade (conferencias, mesas redondas, presentacións de libros...).
Cada actividade será despois comentada na aula. A non participación na actividade terá un valor negativo na cualificación final da materia. O alumnado semipresencial está exento desta tarefa
Lección maxistral Correrá a cargo da profesora, que explicará de modo teórico os contidos da asignatura. Valorarase a atención e a capacidade para intervir propoñendo ou rebatindo ideas, ou manifestando dúbidas ou dificultades de comprensión.
O alumnado semipresencial terá tres sesións presenciais específicamente deseñadas para esta modalidade ás que pode asistir ou non. De asistir, a valoración será a arriba expresada para o alumnado presencial.
Traballo tutelado Abordaremos de maneira práctica, traballando sobre textos particularmente preparados ao efecto, os materiais teóricos. Na parte final da asignatura abordaremos a análise textual dende as distintas metodoloxías propostas polas escolas críticas do temario.
Exposición oral de diversos traballos prácticos, poñendo especial énfase na claridade expositiva e no uso dun rexistro lingüístico adecuado á materia e a situación.
Cualificarase o resultado final do traballo na aula: a comprensión da problemática plantexada e a capacidade crítica.
O alumnado semipresencial terá tres sesións presenciais, as arriba indicadas (na sección "Clases maxistrais") e será avaliado como o alumnado presencial neste apartado.
Presentación Véxase o apartado anterior, "Traballos de aula"
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000