Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura: Teoría da literatura
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación da materia e da organización do traballo durante o curso. Asistencia abrigatoria para o alumnado presencial e o semipresencial.
Eventos docentes e/ou divulgativos O alumnado pode e debe participar en outras actividades de carácter formativo que se organicen na Facultade (conferencias, mesas redondas, presentacións de libros...).
Cada actividade será despois comentada na aula. A non participación na actividade terá un valor negativo na cualificación final da materia. O alumnado semipresencial está exento desta tarefa
Sesión maxistral Correrá a cargo da profesora, que explicará de modo teórico os contidos da asignatura. Valorarase a atención e a capacidade para intervir propoñendo ou rebatindo ideas, ou manifestando dúbidas ou dificultades de comprensión.
O alumnado semipresencial terá 4 sesións presenciais específicamente deseñadas para esta modalidade ás que pode asistir ou non. De asistir, a valoración será a arriba expresada para o alumnado presencial.
Traballos de aula Abordaremos de maneira práctica, traballando sobre textos particularmente preparados ao efecto, os materiais teóricos. Na parte final da asignatura abordaremos a análise textual dende as distintas metodoloxías propostas polas escolas críticas do temario. Cualificarase o resultado final do traballo na aula: a comprensión da problemática plantexada e a capacidade crítica.
O alumnado semipresencial terá catro sesións presenciasi, ás arriba indicadas (na sección "Clases maxistrais") e será avaliado como o alumnado presencial neste apartado.
Traballos tutelados Pequenos traballos de inmersión na investigación académica. Cualificarase, no resultado final do traballo, a seriedade e o compromiso coa adquisición de coñecementos e a capacidade crítica. Penalízase o plaxio, que implicará o suspenso sen paliativos do traballo. Este(s) traballo(s) son obrigatorios para o alumnado semipresencial
Outros Aquí se inclúen os imponderabeis que cada grupo particular precise (como reforzos pedagóxicos do tipo que sexa ou o desenvolvemento de intereses particulares que teñan que ver coa actualidade literaria mundial, etc...). A atención aos intereses particulares do alumnado está inmplícita nesta actividade.
Presentacións/exposicións Exposición oral do traballo de investigación da materia, poñendo especial énfase na claridade expositiva e no uso dun rexistro lingüístico adecuado á situación.
O alumnado semipresencial deberá cumplir tamén esta tarefa.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000