Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura: Teoría da literatura
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación da materia e da organización do traballo durante o curso. Asistencia abrigatoria para o alumnado presencial e o semipresencial.
Eventos docentes e/ou divulgativos O alumnado pode e debe participar en outras actividades de carácter formativo que se organicen na Facultade (conferencias, mesas redondas, presentacións de libros...).
Cada actividade será despois comentada na aula. A non participación na actividade terá un valor negativo na cualificación final da materia. O alumnado semipresencial está exento desta metodoloxía
Sesión maxistral Valorarase a atención e a capacidade para intervir propoñendo ou
rebatendo ideas, ou manifestando dúbidas ou dificultades de comprensión.
O alumnado semipresencial está exento desta metodoloxía
Titoría en grupo
Ten como finalidade consultar as dúbidas que o grupo teña sobre a temática concreta ou a metodoloxía do traballo que teña que resolver. Valorarase a aportación particular neste traballo conxunto. Para o alumnado semipresencial será abrigado facer unha titoría polo menos
Traballos de aula Cualificarase o resultado final do traballo na aula: a comprensión da problemática plantexada e a capacidade crítica.
O alumnado semipresencial está exento desta metodoloxía
Traballos tutelados Cualificarase o resultado final do traballo: a seriedade e a capacidade crítica. Penalízase o plaxio, que implicará o suspenso sen ningún paliativo do traballo. Este(s) traballo(s) son obrigatorios para o alumnado semipresencial tamén
Outros Aquí se inclúen os imponderabeis que cada grupo particular precise (como reforzos pedagóxicos do tipo que sexa ou o desenvolvemento de intereses particulares que teñan que ver coa actualidade literaria mundial, etc...). A atención os intereses particulares do alumnado presencial está inmplícita nesta actividade.
Presentacións/exposicións Exposición oral do traballo de investigación da materia, poñendo especial énfase na claridade expositiva e no uso dun rexistro lingüístico adecuado á situación.
O alumnado semipresencial está exento desta metodoloxía
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000