Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Lingua: Fundamentos gramaticais do galego e do español II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas Durante o cuadrimestre o docente especificará que actividades prácticas das propostas son avaliables así como o prazo de entrega. Especificamente, o estudante deberá realizar e entregar un grupo de actividades sobre formación de palabras (Bloque I) e a análise sintáctica en árbore de 3 textos propostos polo profesor (Bloque III). Así mesmo, para o Bloque IV realizará un TRABALLO OBRIGATORIO (20% da nota) que consistirá na gravación e transcrición dun texto oral e na posterior análise das interferencias entre galego e castelán que nel atopen. O profesor informará con máis detalle sobre este traballo o primeiro día de clase. Este traballo é obrigatorio para todo o alumnado sexa presencial ou semipresencial e deberá ser entregado antes do 30 de abril de 2021. A súa entrega é obrigatoria para aprobar a materia. 40 CB2
CB5
CG1
CG4
CG5
CG7
CG9
CE1
CE2
CE5
CE15
CE20
CT2
CT5
CT8
CT10
CT11
CT12
Lección maxistral Valórase a asistencia e participación activa nas clases maxistrais, sempre e cando esta asistencia sexa máis do 80% delas.
Para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL este 5% da nota sumarase no apartado "Resolución de problemas ou exercicios".
5 CB1
CG7
CE2
CE5
CE8
CT5
CT11
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse dúas probas escritas, tipo exames parciais liberadores de materia: a primeira será provisoriamente na cuarta semana de marzo; a segunda será a última semana de clase. Será obrigado ter un 5 de media para aprobar a materia. En caso de non superar estas probas, poderán repetirse na data do exame oficial da materia, indicada pola Facultade.
O alumnado de avaliación única realizará un exame escrito único na data do calendario oficial de EXAMES DE MAIO que dispoña a Facultade. O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL, segundo o sistema polo que opte, poderá facer tamén exames parciais ou un único exame final, sempre de xeito presencial, na mesma data có resto do alumnado.
55 CB1
CB2
CG4
CG7
CG9
CE1
CE2
CE5
CE8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dous sistemas de avaliación da materia:

a) Avaliación continua, para o alumnado que asista regularmente ás clases presenciais e realice e entregue as tarefas de avaliación indicadas polo profesor en tempo e forma; no caso do alumnado semipresencial só debe realizar e entregar as tarefas de avaliación indicadas en tempo e forma. A puntuación final obterase da suma das porcentaxes das puntuacións expresadas arriba. De non superar algunha das actividades que se avalían, o profesor poderá mandar repetilas. En todo caso, na convocatoria de maio, o/a alumno/a polo menos deberá ter entregado o Traballo obrigatorio sobre interferencias (antes do 30 de abril)  e ter aprobado (5) o apartado "Resolución de problemas e/ou exercicios". Na convocatoria oficial de xullo, o/a alumno/a deberá repetir as probas escritas e no seu caso ter entregado o Traballo obrigatorio sobre interferencias. Se por causa xustificada algún alumno/a non pode cumprir a condición de asistencia ás clases, deberá comunicarllo ó docente, quen poderá habilitar outras actividades compensatorias. No caso de que o/a alumno/a renuncie á avaliación continua ou incumpra as condicións esixidas pasará a ser avaliado polo sistema b) de "Avaliación única".

b) Avaliación única. O alumnado que non opte polo sistema de "avaliación continua",  para superar a materia na convocatoria de maio deberá examinarse sobre todos os contidos da materia nun exame final único escrito (8 puntos) que se realizará no día que dispoña o calendario oficial de exames de maio da Facultade e ter realizado e entregado o Traballo obrigatorio sobre interferencias (2 puntos). En caso de non superar ese exame ou o Traballo obrigatorio, o/a alumno/a deberá volver examinarse por medio doutro exame escrito e a entrega do Traballo na convocatoria de xullo na data oficial de exames que dispoña a Facultade. Os/as alumnos/as que opten por este sistema poderán asistir ás aulas e ser atendidos nas titorías cando o solicitaren.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000