Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Lingua: Fundamentos gramaticais do galego e do español II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Durante o cuadrimestre o docente especificará que actividades prácticas das propostas son avaliables así como o prazo de entrega. Especificamente, o estudante deberá entregar a análise sintáctica en árbore de 3 textos propostos polo profesor. Así mesmo, para o Bloque IV realizará un TRABALLO OBRIGATORIO que consistirá na gravación e transcrición dun texto oral e na posterior análise das interferencias entre galego e castelán que nel atopen. O profesor informará con máis detalle sobre este traballo o primeiro día de clase. Este traballo é obrigatorio para todo o alumnado sexa presencial ou semipresencial e deberá ser entregado antes do 2 de maio de 2018. 30 A2
A5
B1
B4
B5
B7
B9
C1
C2
C5
C15
C20
D2
D5
D8
D10
D11
D12
Lección maxistral Valórase a asistencia e participación activa nas clases maxistrais, sempre e cando esta asistencia sexa máis do 80% delas.
Para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL este 5% da nota sumarase no apartado "Resolución de problemas ou exercicios".
5 A1
B7
C2
C5
C8
D5
D11
Probas de resposta curta Realizarase unha proba escrita, na última semana de curso sobre os contidos teórico-prácticos da materia (provisoriamente o 2 de maio). Existe a posibilidade de realización dun exame parcial previo, liberador de materia, que tería lugar, provisioramente na segunda semana de marzo. O alumnado de avaliación única realizará un exame escrito único na data do calendario oficial de EXAMES DE MAIO que dispoña a Facultade. O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL, segundo o sistema polo que opte, poderá facer tamén exames parciais ou un único exame final, sempre de xeito presencial, na mesma data có resto do alumnado. 65 A1
A2
B4
B7
B9
C1
C2
C5
C8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dous sistemas de avaliación da materia:

a) Avaliación continua, para o alumnado que asista regularmente ás clases presenciais e realice e entregue as tarefas de avaliación indicadas polo profesor en tempo e forma; no caso do alumnado semipresencial só debe realizar e entregar as tarefas de avaliación indicadas en tempo e forma. A puntuación final obterase da suma das porcentaxes das puntuacións expresadas arriba. De non superar algunha das actividades que se avalían, o profesor poderá mandar repetilas. En todo caso, na convocatoria de maio, o/a alumno/a polo menos deberá ter entregado o Traballo obrigatorio sobre interferencias (antes do 2 de maio)  e ter aprobado o apartado "Probas de resposta curta", exame que se realizará na última semana das clases (providoriamente o 2 de maio), coa posibilidade dun exame parcial liberatorio de materia, provisoriamente na segunda semana de marzo. Na convocatoria oficial de xullo, o/a alumno/a deberá repetir o exame escrito e no seu caso ter entregado o Traballo obrigatorio sobre interferencias. Se por causa xustificada algún alumno/a non pode cumprir a condición de asistencia ás clases, deberá comunicarllo ó docente, quen poderá habilitar outras actividades compensatorias. No caso de que o/a alumno/a renuncie á avaliación continua ou incumpra as condicións esixidas pasará a ser avaliado polo sistema b) de "Avaliación única".

b) Avaliación única. O alumnado que non opte polo sistema de "avaliación continua",  para superar a materia na convocatoria de maio deberá examinarse sobre todos os contidos da materia nun exame final único escrito (8 puntos) que se realizará no día que dispoña o calendario oficial de exames de maio da Facultade e ter realizado e entregado o Traballo obrigatorio sobre interferencias (2 puntos). En caso de non superar ese exame ou o Traballo obrigatorio, o/a alumno/a deberá volver examinarse por medio doutro exame escrito e a entrega do Traballo na convocatoria de xullo na data oficial de exames que dispoña a Facultade. Os/as alumnos/as que opten por este sistema poderán asistir ás aulas e ser atendidos nas titorías cando o solicitaren.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000