Lección maxistral |
Valórase a asistencia e participación activa nas clases maxistrais, sempre e cando esta asistencia sexa máis do 80% delas.
Para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL este 5% da nota sumarase no apartado "Resolución de problemas ou exercicios". |
5 |
A1
|
B7
|
C2 C5 C8
|
D5 D11
|
Probas de resposta curta |
Realizarase unha proba escrita, na última semana de curso sobre os contidos teórico-prácticos da materia (provisoriamente o 2 de maio). Existe a posibilidade de realización dun exame parcial previo, liberador de materia, que tería lugar, provisioramente na segunda semana de marzo. O alumnado de avaliación única realizará un exame escrito único na data do calendario oficial de EXAMES DE MAIO que dispoña a Facultade. O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL, segundo o sistema polo que opte, poderá facer tamén exames parciais ou un único exame final, sempre de xeito presencial, na mesma data có resto do alumnado. |
65 |
A1 A2
|
B4 B7 B9
|
C1 C2 C5 C8
|
|
Existen dous sistemas de avaliación da materia: a) Avaliación continua, para o alumnado que asista regularmente ás clases presenciais e realice e entregue as tarefas de avaliación indicadas polo profesor en tempo e forma; no caso do alumnado semipresencial só debe realizar e entregar as tarefas de avaliación indicadas en tempo e forma. A puntuación final obterase da suma das porcentaxes das puntuacións expresadas arriba. De non superar algunha das actividades que se avalían, o profesor poderá mandar repetilas. En todo caso, na convocatoria de maio, o/a alumno/a polo menos deberá ter entregado o Traballo obrigatorio sobre interferencias (antes do 2 de maio) e ter aprobado o apartado "Probas de resposta curta", exame que se realizará na última semana das clases (providoriamente o 2 de maio), coa posibilidade dun exame parcial liberatorio de materia, provisoriamente na segunda semana de marzo. Na convocatoria oficial de xullo, o/a alumno/a deberá repetir o exame escrito e no seu caso ter entregado o Traballo obrigatorio sobre interferencias. Se por causa xustificada algún alumno/a non pode cumprir a condición de asistencia ás clases, deberá comunicarllo ó docente, quen poderá habilitar outras actividades compensatorias. No caso de que o/a alumno/a renuncie á avaliación continua ou incumpra as condicións esixidas pasará a ser avaliado polo sistema b) de "Avaliación única". b) Avaliación única. O alumnado que non opte polo sistema de "avaliación continua", para superar a materia na convocatoria de maio deberá examinarse sobre todos os contidos da materia nun exame final único escrito (8 puntos) que se realizará no día que dispoña o calendario oficial de exames de maio da Facultade e ter realizado e entregado o Traballo obrigatorio sobre interferencias (2 puntos). En caso de non superar ese exame ou o Traballo obrigatorio, o/a alumno/a deberá volver examinarse por medio doutro exame escrito e a entrega do Traballo na convocatoria de xullo na data oficial de exames que dispoña a Facultade. Os/as alumnos/as que opten por este sistema poderán asistir ás aulas e ser atendidos nas titorías cando o solicitaren. |