Guia docente 2014_15
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Lingua: Fundamentos gramaticais do galego e do español II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Durante o cuadrimestre, tanto para o alumnado presencial coma semipresencial, o docente especificará que actividades prácticas das propostas son avaliables. Especificamente, o estudante deberá entregar a análise sintáctica en árbore de 3 textos propostos polo profesor e o resumo de dúas referencias biliográficas que se indicarán o primeiro día de clase. 30
Sesión maxistral Valorarase a asistencia e participación nas clases maxistrais, sempre e cando sexa máis do 80% delas.
Para o alumnado semipresencial, este 5% da nota sumarase no apartado "Resolución de problemas ou exercicios".
5
Probas de resposta curta Tanto para o alumnado presencial coma semipresencial, realizarase unha proba escrita, na ultima semana de curso (entre o 4 e o 7 de maio) sobre os contidos teórico-prácticos da materia. Existe a posibilidade de realización dun exame parcial previo, liberador de materia, que tería lugar na primeira semana de marzo.
O alumnado semipresencial está obrigado a realizar estas probas de xeito presencial no día e hora que se fixe.
65
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dous sistemas de avaliación da materia:


a) Avaliación continua, para o alumnado que asista regularmente ás clases presenciais e realice e entregue as tarefas de avaliación indicadas polo profesor en tempo e forma; no caso do alumnado semipresencial só debe realizar e entregar as tarefas de avaliación indicadas en tempo e forma. A puntuación final obterase da suma das porcentaxes das puntuacións expresadas arriba. De non superar algunha das actividades que se avalían, o profesor poderá mandar repetilas. En todo caso, na convocatoria de maio, o alumno polo menos deberá ter aprobado o apartado "Probas de resposta curta", exame que se realizará na última semana das clases (provisionalmente entre o 4 e o 7 de maio), coa posibilidade dun exame parcial liberatorio de materia na primeira semana de marzo. Na convocatoria oficial de xullo, o/a alumno/a deberá repetir o exame escrito (e no seu caso tamén as actividades de avaliación suspensas). Se por causa xustificada algún alumno/a non pode cumprir a condición de asistencia ás clases, deberá comunicarllo ó docente, quen poderá habilitar outras actividades compensatorias. No caso de que o/a alumno/a renuncie á avaliación continua ou incumpra as condicións esixidas pasará a ser avaliado polo sistema b) de "Avaliación única".

b) Avaliación única. O alumnado que non opte polo sistema de "avaliación continua",  para superar a materia na convocatoria de maio deberá examinarse sobre todos os contidos da materia nun exame final único escrito que se se realizará na última semana das clases (provisionalmente entre o 4 e o 7 de maio). En caso de non superar ese exame, o/a alumno/a deberá volver examinarse por medio doutro exame escrito na convocatoria de xullo na data que dispoña a Facultade. Os/as alumnos/as que opten por este sistema poderán asistir ás aulas e ser atendidos nas titorías cando o solicitaren.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000