Resolución de problemas e/ou exercicios |
O docente terá titorías individualizadas ou en pequeno grupo cando así o requira o alumnado en canto ás directrices que debe seguir na resolución de actividades ou nos comentarios dos erros cometidos nas análises gramaticais que se manden entregar como parte da avaliación.
Para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL realizaranse tres sesións presenciais, tipo seminario, distribuídas ó longo do cuadrimestre (provisoriamente na semana 4ª, 8ª e 12ª) , co fin de que o alumnado poida preguntar dúbidas e solicitar explicacións sobre puntos concretos do temario. Así mesmo poderá ser atendido en horas de titoría vía e-mail na maior rapidez posible. |
|