Educational guide 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Degree in Language Sciences and Literary Studies
 Subjects
  Language: Grammatical basics of Galician and Spanish II
   Methodologies
Methodologies   ::  Teaching methodology guide
  Description
Problem solving Refírese ás actividades en que se formulan exercicios relacionados cos contidos da materia, que complementan as leccións maxistrais. Préstase unha especial atención a actividades de análise e comentario morfolóxico e sintáctico de secuencias en galego e español así como de textos en ambas as linguas con interferencias lingüísticas. Naqueles casos en que o profesor entregue previamente os exercicios, recoméndase que o/a alumno/a os traia traballados.

Para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL, o profesor colgará na plataforma Faitic as prácticas para facer e deixará un prazo de tempo para a súa resolución. Rematado este, faralles chegar via e-mail, ou dende a propia plataforma, un solucionario para a súa autocomprobación.
Introductory activities Son as actividades que se realizan o primeiro día de clase dedicadas a expoñer os obxectivos, as principais tarefas do curso e a bibliografía da materia.

Para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL sería recomendable acudir a esta sesión de presentación. De non ser así, esa clase gravarase en vídeo e poderán consultala en Faitic, así como un PDF que o profesor comentará durante a clase.
Scientific events Refírese a conferencias, charlas, exposicións, mesas redondas, debates... realizados por poñentes de prestixio, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia.
Lecturing Son as horas que o docente dedicará a expoñer contidos da materia, as directrices e bases teóricas dos traballos, exercicios ou análises gramaticais que deberá facer o alumnado así como das lecturas relacionadas cos temas. Recoméndase que cando o profesor facilite por adiantado fotocopias ou outro material (PDF), o alumnado leve traballado previamente ese material.

O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL disporá dos materiais necesarios para avanzar en cada unidade temática na plataforma de ensino virtual Faitic ou, no seu caso, o profesor poderá facerllos chegar a través de e-mail. Este material consistirá esencialmente en documentos PDF con contidos e vídeos gravados das clases ou de aspectos concretos do temario.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000