Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Lingua: Fundamentos gramaticais do galego e do español II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios Refírese ás actividades en que se formulan exercicios relacionados cos contidos da materia, que complementan as leccións maxistrais. Préstase unha especial atención a actividades de análise e comentario morfosintácticos de secuencias en galego e español así como de textos en ambas as linguas con interferencias lingüísticas. Naqueles casos en que o profesor entregue previamente os exercicios, recoméndase que o/a alumno/a os traia traballados.

Para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL, o profesor colgará na plataforma Faitic as prácticas para facer e deixará un prazo de tempo para a súa resolución. Rematado este, faralles chegar via e-mail, ou dende a propia plataforma, un solucionario para súa autocomprobación.
Actividades introdutorias Son as actividades que se realizan o primeiro día de clase dedicadas a expoñer os obxectivos, as principais tarefas do curso e a bibliografía da materia.

O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL deberá acudir obrigatoriamente a esta sesión de presentación.
Eventos docentes e/ou divulgativos Refírese a conferencias, charlas, exposicións, mesas redondas, debates... realizados por poñentes de prestixio, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia.
Sesión maxistral Son as horas que o docente dedicará a expoñer contidos da materia, as directrices e bases teóricas dos traballos, exercicios ou análises gramaticais que deberá facer o alumnado así como das lecturas relacionadas cos temas. Recoméndase que, cando o profesor facilite por adiantado fotocopias ou outro material, o alumnado leve traballado previamente ese material.

O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL disporá dos materiais necesarios para avanzar en cada unidade temática na plataforma de ensino virtual Faitic ou, no seu caso, o profesor poderá facerllos chegar a través de e-mail. Este material consistirá esencialmente en documentos PDF con contidos e vídeos gravados das clases maxistrais ou de aspectos concretos do temario.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000