Guia docente 2014_15
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Lingua: Fundamentos gramaticais do galego e do español II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios Refírese ás actividades en que se formulan exercicios relacionados cos contidos da materia, que complementan as leccións maxistrais. Préstase unha especial atención á análise e comentario morfosintácticos de secuencias en galego e español problemáticas en canto á súa interpretación así como de textos en ambas as linguas con interferencias lingüísticas. Naqueles casos en que o profesor entregue previamente os exercicios, recoméndase que o/a alumno/a os traia traballados.
Para o réxime semipresencial, o alumnado disporá dos materiais de prácticas na plataforma de ensino virtual Faitic, ou no seu caso, o profesor poderá facerllos chegar a través de e-mail.
Actividades introdutorias Son as actividades que se realizan o primeiro día de clase dedicadas a expoñer os obxectivos, as principais tarefas do curso e a bibliografía da materia.
O alumnado semipresencial deberá acudir obrigatoriamente a esta sesión de presentación.
Eventos docentes e/ou divulgativos Refírese a conferencias, charlas, exposicións, mesas redondas, debates... realizados por poñentes de prestixio, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia.
Sesión maxistral Son as horas que o docente dedicará a expoñer contidos da materia, as directrices e bases teóricas dos traballos, exercicios ou análises gramaticais que deberá facer o alumnado así como das lecturas relacionadas cos temas. Recoméndase que, cando o profesor facilite por adiantado fotocopias ou outro material, o alumnado leve previamente traballado ese material.
Para o réxime semipresencial, o alumnado disporá dos materiais necesarios para avanzar en cada unidade temática na plataforma de ensino virtual Faitic, ou no seu caso, o profesor poderá facerllos chegar a través de e-mail.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000