Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Lingua: Fundamentos gramaticais do galego e do español II
   Contidos
Tema Subtema
Bloque I. A análise morfolóxica: a palabra e a súa estrutura interna. 1. Definición de palabra: criterios de clasificación (morfolóxicos, sintácticos e semánticos). 2. Estrutura interna das palabras: identificación e clasificación de morfemas. 3. Mecanismos de creación de palabras: derivación e composición; outros procedementos.
Bloque II. A clasificación das palabras. 1. As clases de palabras e as súas expansións. 2. Palabras con estrutura argumental: argumentos e adxuntos e a súa identificación. 3. Caracterización das clases de palabras e as súas subclases. 4. Algúns problemas de delimitación: as clases transversais; casos de polisemia e homonomia; casos de conversións e recategorizacións; casos de gramaticalizacións e lexicalizacións.
Bloque III. A análise sintáctica 1. A análise sintáctica constituto-funcional e a súa representación. 2. Tipos de unidades sintácticas: oracións (estruturas coordinadas e estruturas bipolares); cláusulas simples e complexas (substantivas, adxectivas e adverbiais); a frase (substantiva, adxectiva e adverbial; a nominal e prepositiva). 3. Tipos de conexións (coordinación, subordinación e interordinación). 4. As funcións: sintácticas, semánticas e informativas. 5. O PREDICADO: verbos, perífrases verbais e locucións verbais. 6. Identificación e caracterización das funcións sintácticas. 7. Os MODIFICADORES na frase nominal. 8. A modificación externa á cláusula.
Bloque IV. Gramática contrastiva entre galego e español: as interferencias 1. O contacto de linguas: interferencias, préstamos e cambios de código. 2. A converxencia lingüística. 3 Interferencias gramaticais: do español no galego, e do galego no español de Galicia. Apéndice: listado de interferencias léxicas do castelán no galego.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000