Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Historia: Historia das culturas ibéricas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Debate Modalidade presencial: Proba na que o alumnado debe demostrar o grao de adquisición das competencias previstas na materia, a través da súa participación na discusión na aula, sobre un tema concreto e dar resposta as preguntas formuladas pola profesora.
Modalidade semipresencial: Proba na que o alumnado debe demostrar o grao de adquisición das competencias previstas na materia, coa súa participación a través da plataforma FAITIC sobre un tema concreto e dar resposta as preguntas formuladas pola profesora.
30 A1
A3
A5
B6
B10
C16
D2
D5
D10
D12
Traballos de aula Modalidade presencial: Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades.

Modalidade semipresencial: O alumnado preparará este tipo de proba a través da plataforma FAITIC. No entanto, conforme ao establecido na memoria do grao, o alumnado desta modalidade pode asistir, presencialmente, á realización da proba de avaliación consistente nun cuestionario común co alumnado da modalidade presencial.
10 C16
D8
Resolución de problemas e/ou exercicios Modalidade presencial: Proba única na que o alumnado debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condiciones establecido/as pola profesora. Desta maneira, o alumnado debe aplicar os coñecementos que adquiriu.
Modalidade semipresencial: Proba única na que o alumnado debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condiciones establecido/as pola profesora. Desta maneira, o alumnado debe aplicar os coñecementos que adquiriu. Conforme ao establecido na memoria do grao, o alumnado desta modalidade debe asistir, presencialmente, a esta proba. Por tanto, non hai diferenzas coa modalidade presencial.
60 A2
B9
B10
C16
D10
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Modalidade presencial:

Para poder optar ao sistema de avaliación continua o alumnado deberá asistir, cando menos, a 9 das 13 sesións teóricas previstas na programación. Ao final do cuadrimestre, na data establecida no calendario oficial de exames, o alumno de avaliación continua debe facer un exercicio escrito no que debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condiciones establecido/as polo profesor. Esta proba representará o 60% da cualificación final.

Na segunda semana de marzo o
alumno que opte pola avaliación continua poderá realizar unha primeira proba
sobre os contidos teóricos e prácticos desenvolvidos ata ese momento. A nota obtida nesta proba fará media co exercicio que se realizará
ao final do cuadrimestre, na data establecida no calendario
oficial de exames, sempre que se realicen as dúas probas.

Nas aulas prácticas o alumnado de avaliación continua deberá facer dous cuestionarios, un á metade do cuadrimestre e outro na última sesión, cun valor cada un de 0,5 puntos sobre a cualificación final.

Ao final do cuadrimestre, na data establecida no calendario oficial de exames, o alumnado que non seguiu a avaliación continua ou perdeu o dereito á mesma, poderá realizar un exercicio escrito que constará dunha parte teórica e doutra práctica. A parte teórica, que representará o 60% da cualificación, versará sobre contidos do programa da materia. A parte práctica, que representará o 40% da cualificación, versará sobre aspectos do programa traballados durante o curso. Para poder superar o exercicio será necesario obter, como mínimo, un 3 na parte teórica e un 2 na práctica.

Na segunda edición (xullo) e en cursos posteriores, o alumnado deberá realizar un exercicio escrito que constará dunha parte teórica e doutra práctica. A parte teórica, que representará o 60% da cualificación, versará sobre contidos do programa da materia. A parte práctica, que representará o 40% da cualificación, versará sobre aspectos do programa traballados durante o curso. Para poder superar o exercicio será necesario obter, como mínimo, un 3 na parte teórica e un 2 na práctica.

Modalidade semipresencial:

Ao final do cuadrimestre, na data establecida no calendario oficial de exames, o alumno de avaliación continua debe
facer un exercicio escrito no que debe solucionar unha serie de problemas
e/ou exercicios nun tempo/condiciones establecido/as polo
profesor. Esta proba representará o 60% da cualificación final.

Na segunda semana de marzo o
alumno que opte pola avaliación continua poderá realizar unha primeira proba
sobre os contidos teóricos e prácticos desenvolvidos ata ese momento. A nota obtida nesta proba fará media co exercicio que se realizará
ao final do cuadrimestre, na data establecida no calendario
oficial de exames, sempre que se realicen as dúas probas.

O alumnado de avaliación continua deberá facer dous
cuestionarios, un á metade do cuadrimestre e outro na última sesión,
cun valor cada un de 0,5 puntos sobre a cualificación final. Conforme ao establecido na memoria do grao, o alumnado desta modalidade
pode asistir presencialmente á realización destas probas.

Ao final do cuadrimestre, na data establecida no calendario oficial de exames, o alumnado que non seguiu a avaliación continua poderá realizar un exercicio escrito que constará dunha parte teórica e doutra práctica. A parte teórica, que representará o 60% da cualificación, versará sobre contidos do programa da materia. A parte práctica, que representará o 40% da cualificación, versará sobre aspectos do programa que foran traballados durante o curso. Para poder superar o exercicio será necesario obter, como mínimo, un 3 na parte teórica e un 2 na práctica. Conforme ao establecido na memoria do grao, o alumnado desta modalidade debe asistir presencialmente a esta proba. Na segunda edición (xullo) e en cursos posteriores, o alumnado deberá realizar un exercicio escrito que constará dunha parte teórica e doutra práctica. A parte teórica, que representará o 60% da cualificación, versará sobre contidos do programa da materia. A parte práctica, que representará o 40% da cualificación, versará sobre aspectos do programa traballados durante o curso. Para poder superar o exercicio será necesario obter, como mínimo, un 3 na parte teórica e un 2 na práctica. Conforme ao establecido na memoria do grao, o alumnado desta modalidade debe asistir presencialmente a esta proba.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000