Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Historia: Historia das culturas ibéricas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Debates Modalidade presencial: Proba na que o alumnado debe demostrar o grao de adquisición das competencias previstas na materia, a través da súa participación na discusión na aula, sobre un tema concreto e da resposta as preguntas formuladas polo profesorado ou polos estudantes.
Modalidade semipresencial: Proba na que o alumnado debe demostrar o grao de adquisición das competencias previstas na materia, a través da súa participación na discusión na aula virtual, a través da plataforma FAITIC, sobre un tema concreto e da resposta as preguntas formuladas polo profesorado ou polos estudantes.
30
Traballos de aula Modalidade presencial: Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades.
Modalidade semipresencial: O alumnado preparará este tipo de proba a través da plataforma FAITIC. Non obstante, conforme ao establecido na memoria do grao, o alumnado desta modalidade debe asistir, presencialmente, a realización da proba avaliativa consistente nun cuestionario común co alumnado da modalidade presencial.
10
Resolución de problemas e/ou exercicios Modalidade presencial: Proba única na que o alumnado debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumnado debe aplicar os coñecementos que adquiriu.
Modalidade semipresencial: Proba única na que o alumnado debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumnado debe aplicar os coñecementos que adquiriu. Conforme ao establecido na memoria do grao, o alumnado desta modalidade debe asistir, presencialmente, a esta proba. Xa que logo, non hai diferenzas coa modalidade presencial.
60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Modalidade presencial:

Para poder optar ao sistema de avaliación continúa o alumnado deberá asistir, cando menos, a 9 das 13 sesións teóricas previstas na programación.

Na última quincena de maio o alumnado que non seguiu a avaliación continúa ou perdeu o dereito a mesma, poderá realizar un exercicio escrito que constará dunha parte teórica e doutra práctica. A parte teórica, que representará o 60% da cualificación, versará sobre contidos do programa da materia. A parte práctica, que representará o 40% da cualificación, versará sobre aspectos do programa que foran traballados durante o curso. Para poder superar o exercicio será necesario obter, como mínimo, un 3 na parte teórica e un 2 na práctica.

O alumnado que tendo superado a materia na avaliación continúa quixera incrementar a súa cualificación, ata un máximo de 2 puntos, poderá realizar un exercicio escrito, na mesma data que o anterior, que versará sobre aspectos do programa.

Na segunda edición, o alumnado deberá realizar un exercicio escrito que constará dunha parte teórica e doutra práctica. A parte teórica, que representará o 60% da cualificación, versará sobre contidos do programa da materia. A parte práctica, que representará o 40% da cualificación, versará sobre aspectos do programa que foran traballados durante o curso. Para poder superar o exercicio será necesario obter, como mínimo, un 3 na parte teórica e un 2 na práctica.

Modalidade semipresencial:

Na última quincena de maio o alumnado que non seguiu a avaliación continúa poderá realizar un exercicio escrito que constará dunha parte teórica e doutra práctica. A parte teórica, que representará o 60% da cualificación, versará sobre contidos do programa da materia. A parte práctica, que representará o 40% da cualificación, versará sobre aspectos do programa que foran traballados durante o curso. Para poder superar o exercicio será necesario obter, como mínimo, un 3 na parte teórica e un 2 na práctica. Conforme ao establecido na memoria do grao, o alumnado desta modalidade debe asistir, presencialmente, a esta proba. 

O alumnado que tendo superado a materia na avaliación continúa quixera incrementar a súa cualificación, ata un máximo de 2 puntos, poderá realizar un exercicio escrito, na mesma data que o anterior, que versará sobre aspectos do programa. Conforme ao establecido na memoria do grao, o alumnado desta modalidade debe asistir, presencialmente, a esta proba. 

Na segunda edición, o alumnado deberá realizar un exercicio escrito que constará dunha parte teórica e doutra práctica. A parte teórica, que representará o 60% da cualificación, versará sobre contidos do programa da materia. A parte práctica, que representará o 40% da cualificación, versará sobre aspectos do programa que foran traballados durante o curso. Para poder superar o exercicio será necesario obter, como mínimo, un 3 na parte teórica e un 2 na práctica. Conforme ao establecido na memoria do grao, o alumnado desta modalidade debe asistir, presencialmente, a esta proba. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000