Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Historia: Historia das culturas ibéricas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Debate Modalidade presencial: Charla aberta entre un grupo de estudantes ou estudantes coa profesora. Pode centrarse nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso, no resultado dun exercicio ou problema desenvolvido previamente nunha sesión maxistral.
Modalidade semipresencial: Discusión por medio de titorías virtuais entre un grupo de estudantes coa profesora. Pode centrarse nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso, no resultado dun exercicio ou problema desenvolvido previamente nunha sesión maxistral.
Traballos de aula Modalidade presencial: O estudante desenvolve exercicios ou proxectos na aula baixo as directrices e supervisión da profesora. O seu desenvolvemento pode estar vinculado con actividades autónomas do estudante.
Modalidade semipresencial: O estudante desenvolve exercicios ou proxectos na aula virtual, a través da plataforma FAITIC, baixo as directrices e supervisión da profesora. O seu desenvolvemento pode estar vinculado con actividades autónomas do estudante.
Actividades introdutorias Modalidade presencial: Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir
información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Modalidade semipresencial: Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir
información sobre o alumnado, así como a presentar a materia a través da plataforma FAITIC. Recoméndase asistir persencialmente a esta actividade.
Prácticas en aulas informáticas Modalidade presencial: Actividades de aplicación de coñecementos a situacións concretas, e de adquisición de habilidades básicas e procedimentales relacionadas coa materia obxecto de estudo, que se realizan en aulas de informática.
Modalidade semipresencial: Actividades de aplicación de coñecementos a situacións concretas, e de adquisición de habilidades básicas e procedimentales relacionadas coa materia obxecto de estudo, que se realizan baixo as directrices e supervisión da profesora.
Lección maxistral Modalidade presencial: Exposición por parte da profesora de contidos sobre a materia
obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Modalidade semipresencial: Transmisión por parte da profesora a través da plataforma FAITIC, de contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000