Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Historia: Historia das culturas ibéricas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Debates Modalidade presencial: Charla aberta entre un grupo de estudantes ou estudantes co profesarado. Pode centrarse nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso, no resultado dun exercicio ou problema desenvolvido previamente nunha sesión maxistral...
Modalidade semipresencial: Discusión por medio de titorías virtuais entre un grupo de estudantes co profesorado. Pode centrarse nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso, no resultado dun exercicio ou problema desenvolvido previamente nunha sesión maxistral...
Traballos de aula Modalidade presencial: O estudante desenvolve exercicios ou proxectos na aula baixo as directrices e supervisión do profesor. O seu desenvolvemento pode estar vinculado con actividades autónomas do estudante.
Modalidade semipresencial: O estudante desenvolve exercicios ou proxectos na aula virtual, a través da plataforma FAITIC, baixo as directrices e supervisión do profesor. O seu desenvolvemento pode estar vinculado con actividades autónomas do estudante.
Actividades introdutorias Modalidade presencial: Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir
información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Modalidade semipresencial: Conforme ao establecido na memoria do grao, o alumnado desta modalidade debe asistir, presencialmente, a estas actividades. Xa que logo, non hai diferenzas coa modalidade presencial.
Sesión maxistral Modalidade presencial: Exposición por parte do profesorado de contidos sobre a materia
obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Modalidade semipresencial: Transmisión por parte do profesorado a través da plataforma FAITIC, de contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000