Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Idioma moderno: Lingua portuguesa I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Exame escrito sobre os contidos teórico-prácticos vistos durante o curso.
No caso do réxime semipresencial, o alumnado tamén ten que estar presente no día do exame.
O exame realizarase na última sesión de aulas.
40 A1
A2
B6
B9
C1
C2
D6
D9
D11
Outras Proba oral individual.
No caso do réxime semipresencial, o alumnado tamén ten que estar presente no día do exame.
A proba oral realizarase na última semana de aulas.
30 A2
B10
C1
C2
C15
D11
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realización de probas ou tarefas sobre temas indicados polo profesor.
No caso de alumnado en réxime non presencial o alumnado realizará estas probas ou tarefas co apoio da plataforma Faitic.
20 A2
A5
B6
B9
B10
D6
D8
D9
D12
Observación sistemática Observación das prestacións do alumnado nos ámbitos de "Resolución de problemas e/ou exercicios", "Traballos de aula", a participación en xeral e a asistencia ás actividades relacionadas coa materia.
No caso do réxime semipresencial, practicarase un seguimento virtual do alumnado ao longo do curso.
10 C1
C2
C15
D2
D3
D6
D9
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As/Os estudantes deberán escoller no principio do curso entre dúas opcións:
un sistema de avaliación continua (cf. supra) ou un sistema de avaliación
única. Recoméndase
optar polo primeiro.

Dado o carácter da materia é moi recomendábel asistir con regularidade ás aulas. Recoméndase ao alumnado semipresencial de acudir con regularidade ás titorías e aos seminarios específicos que se poderán ofrecer ao longo do cuadrimestre.

Para
a avaliación única é preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para
superar a materia. Copia ou plaxio nos respectivos exames será penalizado cun
suspenso (nota numérica: 0) nas mesmas.

É
recomendable consultar regularmente os espazos virtuais da materia na
plataforma TEMA (http://faitic.uvigo.es).

Quen
opte de forma directa pola avaliación única (non recomendado) será avaliada/o
ao final do primeiro período, na primeira edición das actas, da
seguinte forma:

1.
Cunha proba escrita teórico-práctica (contando 75% da nota final –teoria: 25%;
práctica: 50%–). A proba escrita realizarase na última sesión de aulas, coincidindo co exame do grupo en avaliación continua.

2.
Cunha proba de expresión oral (contando 25% da nota final) que será gravada. A proba oral realizarase na última semana de aulas.

É
preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para aprobar a materia. Copia
ou plaxio nos respectivos exames será penalizado cun suspenso (nota numérica:
0) nas mesmas.

A
convocatoria das probas de expresión oral deberá acordarse co profesorado coa
antelación necesaria (mínimo 2 semanas antes do final do período de aulas), sendo responsabilidade do alumnado contactar co profesorado. A non presentación á proba de expresión oral suporá a obtención dunha
cualificación de 0 (cero) puntos na mesma.

Os mesmos criterios de avaliación aplicaranse na segunda
edición das actas (xullo).

En todo caso, recoméndase a asistencia ás aulas e ás
titorías e consultar regularmente os espazos virtuais da materia na plataforma
(http://faitic.uvigo.es), mesmo que non se siga o sistema de avaliación
continua.

As datas e horarios das probas de avaliación das
diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de
avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2015-2016.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000