Guia docente 2014_15
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Idioma moderno: Lingua portuguesa I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta curta Exame escrito sobre os contidos teórico-prácticos vistos durante o curso.
No caso do réxime semipresencial, o alumnado tamén ten que estar presente no día do exame.
40
Outras Proba oral individual.
No caso do réxime semipresencial, o alumnado tamén ten que estar presente no día do exame.
30
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Elaboración como mínimo dun texto escrito sobre un tema indicado polo profesor.
No caso de alumnado en réxime non presencial o alumnado entregará os textos correspondentes a través da plataforma Faitic.
10
Observación sistemática Observación das prestacións do alumnado nos ámbitos de "Resolución de problemas e/ou exercicios", "Traballos de aula", a participación en xeral e a asistencia ás actividades relacionadas coa materia.
No caso do réxime semipresencial, practicarase un seguimento virtual do alumnado ao longo do curso.
20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As/Os estudantes deberán escoller no principio do curso entre dúas opcións:
un sistema de avaliación continua (cf. supra) ou un sistema de avaliación
única.

Recoméndase
optar polo primeiro. É condición obrigatoria para ser avaliada/o de forma
continua a asistencia a un 80% das aulas, a non ser que haxa motivos
xustificados para unha asistencia lixeiramente inferior, que deberán ser
comunicados ao profesorado o antes posible.

Para
a avaliación única é preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para
superar a materia. Copia ou plaxio nos respectivos exames será penalizado cun
suspenso (nota numérica: 0) nas mesmas.

É
recomendable consultar regularmente os espazos virtuais da materia na
plataforma TEMA (http://faitic.uvigo.es).

Quen
opte de forma directa pola avaliación única (non recomendado) será avaliada/o
ao final do primeiro período, na primeira edición das actas (maio/xuño), da
seguinte forma:

1.
Cunha proba escrita teórico-práctica (contando 75% da nota final –teoria: 25%;
práctica: 50%–).

2.
Cunha proba de expresión oral (contando 25% da nota final) que será gravada.

É
preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para superar a materia. Copia
ou plaxio nos respectivos exames será penalizado cun suspenso (nota numérica:
0) nas mesmas.

A
convocatoria das probas de expresión oral deberá acordarse co profesorado coa
antelación necesaria (mínimo 2 semanas antes da introdución das notas en
xescampus), sendo responsabilidade do alumnado contactar co profesorado. A non presentación á proba de expresión oral suporá a obtención dunha
calificación de 0 (cero) puntos na mesma.

Os mesmos criterios de avaliación aplicaranse na segunda
edición das actas (xullo).

En todo caso, recoméndase a asistencia ás aulas e ás
titorías e consultar regularmente os espazos virtuais da materia na plataforma
(http://faitic.uvigo.es), mesmo que non se siga o sistema de avaliación
continua.

As datas e horarios das probas de avaliación das
diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de
avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2014-2015.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000