Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura: Introdución aos estudos literarios
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos tutelados A segunda parte do curso está encamiñada á realización dun traballo de acordo coas normas de presentación de orixinais dunha publicación periódica. Un 10% da cualificación final valorará a actividade na aula, nas titorías e durante o proceso de elaboración do traballo. 10 A1
A2
A5
B1
B2
B5
C3
C6
C9
D2
D5
D8
D10
D11
D12
Probas de resposta curta A evaluación dos dous primeiros temas dos contidos expostos nesta guía, correspondentes á primeira metade da materia, faráse mediante un exame no que o alumnado deberá contestar a preguntas sobre os principais conceptos expostos. Será preciso aprobar dito exame para superar a evaluación, e contará un 40 % da calificación final. 40 A1
A2
A5
B1
B2
B5
C3
C6
C9
D2
D5
D8
D10
D11
D12
Observación sistemática O seguimento dos traballos e exercicios solicitados e a participación activa regular tanto nas titorías presenciais ou virtuais, tanto para o alumnado presencial como semipresencial, suporán un 10% da calificación final da materia. 10 A1
A2
A5
B1
B2
B5
C3
C6
C9
D2
D5
D8
D10
D11
D12
Traballos e proxectos O traballo escrito tutelado contará un 40% na cualificación final. 40 A1
A2
A5
B1
B2
B5
C3
C6
C9
D2
D5
D8
D10
D11
D12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Esta materia está estructurada en dúas partes ben diferenciadas: á primeira corresponden os dous primeiros temas (impartidos polo profesor Chas Aguión, da área de Literatura Española), en tanto que á segunda os outros dous expostos no apartado de contidos (impartidos pola profesora Bermúdez Montes, da área de Filoloxía Galega). Para obter calificación positiva, o alumnado terá que superar ambas partes da materia. Para a primeira, haberá un exame escrito, que terá lugar na primeira semana de novembro, en tanto que para a segunda se pedirá un traballo escrito, que deberá ser entregado como data límite na última semana lectiva de decembro. O alumnado non presencial terá que cumprir coas mesmas condicións de avaliación (e coas mesmas datas) que o alumnado que opte pola avaliación continua.

Para quen opte pola avaliación única, haberá unha data oficial ao final do primeiro cuadrimestre, pero en ningún caso servirá para recuperar notas negativas para quen se teña presentado anteriormente na mesma convocatoria.

Quen non obteña unha calilficación positiva nesta primeira convocatoria deberá presentarse ao exame de xullo na data fixada oficialmente pola Xunta de Facultade. Ao alumnado que tiver aprobado so unha das dúas partes da materia SO SE LLE CONSERVARÁ ESE APROBADO DURANTE UN MESMO CURSO ACADÉMICO (incluido, por tanto, xullo); en posteriores convocatorias deberá presentarse con ambas partes da materia.

Lémbrase a importancia, tanto para o exame escrito como para a entrega dos traballos da corrección lingüística. Asemade, a copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de proba conlevará a calificación cun cero. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá das responsabilidades derivadas neste aspecto.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000