Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura: Introdución aos estudos literarios
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos tutelados A segunda parte do curso está encamiñada á realización dun traballo de acordo coas normas de presentación de orixinais dunha publicación periódica. Un 10% da cualificación final valorará a actividade na aula, nas titorías e durante o proceso de elaboración do traballo. 10 A1
A2
A5
B1
B2
B5
C3
C6
C9
D2
D3
D6
D8
D9
D10
D11
D12
Probas de resposta curta A evaluación dos dous primeiros temas dos contidos expostos nesta guía, correspondentes á primeira metade da materia, faráse mediante un exame no que o alumnado deberá contestar a preguntas sobre os principais conceptos expostos. Será preciso aprobar dito exame para superar a evaluación, e contará un 40 % da calificación final. 40 A1
A2
A5
B1
B2
B5
C3
C6
C9
D2
D3
D6
D8
D9
D10
D11
D12
Observación sistemática O seguimento dos traballos e exercicios solicitados e a participación activa regular tanto nas titorías presenciais ou virtuais, tanto para o alumnado presencial como semipresencial, suporán un 10% da calificación final da materia. 10 A1
A2
A5
B1
B2
B5
C3
C6
C9
D2
D3
D6
D8
D9
D10
D11
D12
Traballos e proxectos O traballo escrito tutelado contará un 40% na cualificación final. 40 A1
A2
A5
B1
B2
B5
C3
C6
C9
D2
D3
D6
D8
D9
D10
D11
D12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Esta materia está estructurada en dúas partes ben diferenciadas: á primeira corresponden os dous primeiros temas (impartidos por os profesores Chas Aguión e Ribao Pereira, da área de Literatura Española), en tanto que á segunda os outros dous expostos no apartado de contidos (impartidos polo profesor Navaza Blanco, da área de Filoloxía Galega). Para obter calificación positiva, o alumnado terá que superar ambas partes da materia. Para a primeira, haberá un exame escrito, que terá lugar na primeira semana de novembro, en tanto que para a segunda se pedirá un traballo escrito, que deberá ser entregado como data límite na última semana lectiva de decembro.

Os alumnos non presenciais terán que cumprir coas mesmas condicións de avaliación que o alumnado que opte pola avaliación continua. Quen non obteña unha calilficación positiva nesta primeira convocatoria deberá presentarse ao exame de xullo na data fixada oficialmente. Ao alumnado que tiver aprobado so unha das dúas partes da materia SO SE LLE CONSERVARÁ ESE APROBADO DURANTE UN MESMO CURSO ACADÉMICO (incluido, por tanto, xullo); en posteriores convocatorias deberá presentarse con ambas partes da materia.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000