Guia docente 2014_15
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura: Introdución aos estudos literarios
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados A segunda parte do curso está encamiñada á realización dun traballo de acordo coas normas de presentación de orixinais dunha publicación periódica. Un 10% da cualificación final valorará a actividade na aula, nas titorías e durante o proceso de elaboración do traballo. 10
Probas de resposta curta A evaluación dos dous primeiros temas dos contidos expostos nesta guía, correspondentes á primeira metade da materia, faráse mediante un exame no que o alumnado deberá contestar a preguntas sobre os principais conceptos expostos. Será preciso aprobar dito exame para superar a evaluación, e contará un 40 % da calificación final. 40
Observación sistemática A asistencia regular tanto ás sesións maxistrais como ás clases prácticas suporán para o alumnado un 10% da calificación final da materia. 10
Traballos e proxectos O traballo escrito tutelado contará un 40% na cualificación final. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Posto que esta materia está estructurada en dúas partes ben diferenciadas, o período de traballo persoal sen docencia marcará o cambio dunha á outra. Á primeira corresponden os dous primeiros temas, en tanto que á segunda os outros dous expostos no apartado de contidos.
Para obter calificación positiva, o alumnado terá que superar ambas partes da materia. Para a primeira, haberá un exame, que terá lugar o día 3 de novembro, no horario oficial da materia, á volta do período autónomo de traballo sen docencia do primeiro cuadrimestre, en tanto que para a segunda se pedirá un traballo escrito.

Os alumnos non presenciais terán que cumprir coas mesmas condicións de avaliación que o alumnado que opte pola avaliación continua.

Quen non obteña unha calilficación positiva nesta primeira convocatoria deberá presentarse ao exame de xullo na data fixada oficialmente.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000