Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura: Introdución aos estudos literarios
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Nas clases teóricas presentaremos ao alumnado cada un dos temas de xeito organizado, proporcionándolle a bibliografía precisa. No caso do réxime semipresencial o alumnado disporá da información suministrada polo profesor a través de pílulas Mooc (cuxo acceso será facilitado mediante unha clave) ou ben a través da información suministrada pola plataforma FAITIC.
Traballos de aula Complemento das sesións maxistrais, nas horas prácticas serán expostos os conceptos teóricos a un grupo máis reducido do alumnado. Para o seu desenvolvemento será preciso como punto de encontro tanto a aula como a biblioteca. O alumando semipresencial tamén disporá dos materiais precisos (sexa a través da plataforma de ensino virtual ou por correo electrónico) dos materiais precisos para avanzar en cada unidade temática.
Eventos docentes e/ou divulgativos Está prevista a visita dun/ha especialista na materia que pronunciará unha conferencia, en horas presenciais, sobre un dos contidos do programa, e sobre o que o alumnado, tanto presencial como non presencial, terá que facer un traballo. A tal efecto, o alumnado semipresencial tamén disporá dos materiais precisos para o desenrolo desta actividade.
Titoría en grupo Horas de asistencia obrigatoria para todo o alumnado, fixadas no horario odficial, nas que se aclararán cuestións e se resolverán dúbidas previas ao exame ou á entrega de traballos. O alumando de réxime semipresencial cumprirá coas esixencias deste tipo de matrícula en canto ao número de titorías obrigatorias: dúas (unha por cada parte da materia), ademais doutras que se acorde co profesorado.
Actividades introdutorias Nas primeiras horas de docencia presencial das dúas partes está prevista unha sesión informativa a todo o alumnado, anticipando e aclarando as cuestións relativas ao desenvolvemento do curso. No caso de alumnado acollido á matricula semipresencial a asistencia ás primeiras dúas horas de actividades introductorias será de carácter obrigatorio.
Traballos tutelados Cada alumno/a deberá presentar un traballo seguindo as pautas expostas na segunda parte do curso. Ademais das instrucións recibidas na aula poderá asesorarse sobre particularidades do seu traballo nas horas de titoría. Tamen o alumnado acollido ao réxime de semipresencialidade disporá da información precisa para realizar estes traballos.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000