Guia docente 2014_15
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura: Introdución aos estudos literarios
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Nas clases teóricas presentaremos ao alumnado cada un dos temas de xeito organizado, proporcionándolle a bibliografía precisa e un guión cos principais temas e subtemas.
No caso do réxime semipresencial, o alumnado disporá na plataforma de ensino virtual Faitic dos materiais necesarios para avanzar en cada unidade temática.
Traballos de aula Complemento das sesións maxistrais, nas horas prácticas serán expostos os conceptos teóricos a un grupo mais reducido do alumnado. Para o seu desenvolvemento, será preciso non so a aula como punto de encontro, senon tamén a biblioteca, onde o alumnado poderá por en práctica os coñecementos adquiridos. O alumnado de carácter semipresencial disporá tamén na plataforma de ensino virtual Faitic dos materiais necesarios para avanzar en cada unidade temática.
Eventos docentes e/ou divulgativos Está prevista a visita dun/ha especialista na materia que pronunciará unha conferencia, en espacio reservado ás horas presenciais, sobre un dos contidos do programa, e da que o alumnado de matrícula presencial deberá facer un traballo resumo dos principais contidos.
Titoría en grupo Horas de asistencia obrigatoria para todo o alumnado, fixadas no horario oficial, nas que se aclararán cuestións e se resolverán dúbidas previas ao exame ou á entrega dos traballos. O alumnado do réxime semipresencial cumprirá coas esixencias deste tipo de matrícula en canto ao número de titorías obrigatorias: dúas, ademais doutras que acorde co profesorado da materia.
Actividades introdutorias Nas primeiras horas de docencia presencial das dúas partes está prevista unha sesión informativa a todo o alumnado para expor a organización da materia. Nesta sesión, quedará exposta a metodoloxía, anticipando e aclarando as cuestións relativas ao desenvolvemento do curso. No caso de alumnado acollido á matricula semipresencial a asistencia ás primeiras dúas horas de actividades introdutorias será de carácter obrigatorio, segundo recolle a normativa vixente para este tipo de réxime.
Traballos tutelados Cada alumno deberá presentar un traballo seguindo as pautas expostas na segunda parte do curso. Ademais das instrucións recibidas na aula, poderá asesorarse sobre particularidades do seu traballo nas horas de titoría. Tamén o alumnado acollido ao réxime de semipresencialidade disporá da información precisa para realizar estes traballos.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000