Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura: Introdución aos estudos literarios
   Resultados de aprendizaxe
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. A1
Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. A2
Que os estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. A5
Capacitación do estudantado para que adquira coñecementos lingüísticos e literarios. B1
Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permita ao estudantado acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar. B2
Capacidade do estudantado para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o título. B5
Coñecemento da literatura galega, española e portuguesa. C3
Coñecemento dos conceptos e métodos da análise literaria. C6
Coñecemento de retórica e estilística. C9
Comunicación oral e escrita na lingua materna. D2
Capacidade de xerar novas ideas. D5
Habilidade para traballar de forma autónoma. D8
Capacidade de análise e síntese. D10
Capacidade para manexar a bibliografía consultada e para citala axeitadamente. D11
Respecto pola ética profesional e, en particular, pola propiedade intelectual. D12
Capacidade para elaborar textos orais e escritos de diferente tipo.
Capacidade para localizar, manexar e aproveitar a información contida en bases de datos e outros instrumentos informáticos e internet.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000