Guia docente 2017_18
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Lingüística: Introdución á lingüística aplicada
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario O alumnado deberá facer unha lectura exhaustiva dos 3 textos propostos. Ademais, deberá entregar con antelación á celebración de cada seminario un breve documento que inclúa un resumo, unha
avaliación crítica e unhas preguntas para discutir no seminario.
Para obter a máxima cualificación nesta metodoloxía é imprescindible a asistencia e a participación activa nas sesións.
O alumnado semipresencial deberá facer as mesmas lecturas, que serán traballadas tanto nun foro específico en liña como nas sesións de titorías grupais presenciais acordadas para o cuadrimestre.
30 A1
A2
B1
B2
B7
B8
C5
D10
D11
Debate Haberá 4 debates sobre cuestións relacionadas coa materia. Valorarase particularmente a capacidade argumentativa sobre a problemática proposta para cada un dos debates.
No caso do alumnado semipresencial, estes debates faranse vía telemática.
10 A1
A2
B8
C5
D5
D10
Resolución de problemas Valorarase especialmente a resolución creativa das 4 prácticas propostas, a partir dos coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais.
O alumnado semipresencial terá que elaborar as prácticas e/ou exercicios e remitilos a través da plataforma de traballo en liña que terá a súa disposición. Non terá que facelos en tempo real, pero si durante a mesma semana na que se propoñan.

10 A1
C5
D5
D10
Traballos e proxectos O alumnado presenta o resultado obtido na elaboración de 1 traballo sobre a temática da materia.
Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo, de forma oral ou escrita.
O alumnado semipresencial ten tamén que elaborar e presentar un traballo de curso
30 A1
A2
B2
B7
B8
D5
D10
D11
Probas de resposta curta Unha proba de respostas curtas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os discentes deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia.
O alumnado semipresencial está obrigado a realizar esta proba de
xeito presencial no día e hora que se fixe.
20 A1
A2
B1
C5
C8
D5
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Contémplanse dúas posibilidades de avaliación: continua e única. Cada discente ten que comunicar a súa preferencia nas

primeiras semanas de clase.

Avaliación continua

É a recomendada para todo o alumnado. Contempla as actividades que se describen na táboa anterior. Para a avaliación

continua é moi recomendable a asistencia ás horas presenciais (incluidas as prácticas). No caso do alumnado semipresencial

recoméndase asistir á sesión de presentación, a dúas titorías (individuais ou grupais) e ás probas escritas previstas. No resto, debe

realizar e entregar as tarefas de avaliación indicadas en tempo e forma.

A materia de exame inclúe a lista de conceptos que se han traballar nas sesións maxistrais, para o que se prevé a

elaboración dun breve glosario. A data do exame é a do calendario oficial da Facultade de Filoloxía e Tradución.

Aquelas persoas que non superen a materia ao final do cuadrimestre, deberán presentarse ó exame escrito na data

oficialmente establecida pola Facultade con vistas á segunda edición de actas.

Avaliación única

O alumnado que prefira someterse a avaliación única deberá examinarse de todos os contidos da materia nun exame final

único que se realizará na data oficial.

Aquelas persoas que non superen a materia ao final do cuadrimestre, deberán presentarse ao exame escrito na data

oficialmente establecida pola Facultade con vistas á segunda edición de actas.

Observación

O plaxio será penalizado. En caso de detectárense prácticas que impliquen plaxio poderase invalidar a cualificación na proba

correspondente.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000