Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Lingüística: Introdución á lingüística aplicada
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminarios O alumnado deberá facer unha lectura exhaustiva de cada texto proposto. Ademais, deberá entregar con antelación á celebración de cada seminario un breve documento que inclúa un resumo, unha avaliación crítica e unhas preguntas para o debate.
Para obter a máxima cualificación nesta metodoloxía é imprescindible a asistencia e a participación activa nas sesións.
40 B1
B2
B8
D5
D10
D11
Traballos tutelados Valorarase a capacidade do alumnado para conxugar os coñecementos teórico-metodóloxicos acadados ao longo do cuadrimestre na resolución das problemáticas propostas para o conxunto das actividades que ha elixir da relación proposta. 40 B1
B2
B7
B8
C5
C8
D5
D10
D11
Probas de resposta curta Valorarase a capacidade de síntese e a precisión nas respostas.
O alumnado semipresencial está obrigado a realizar estas probas de xeito presencial no día e hora que se fixe.
20 B1
B2
B7
B8
C5
C8
D5
D10
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Contémplanse dúas posibilidades de avaliación: continua e única. Cada discente ten que comunicar a súa preferencia nas primeiras semanas de clase.

Avaliación continua

É a recomendada para todo o alumnado. Contempla as actividades que se describen na táboa anterior. Para a avaliación continua é moi recomendable a asistencia ás horas presenciais (incluidas as prácticas). No caso do alumnado semipresencial debe asistir á sesión de presentación, a dúas titorías (individuais ou grupais) e ás probas escritas previstas. No resto, debe realizar e entregar as tarefas de avaliación indicadas en tempo e forma.

A materia de exame inclúe a lista de conceptos que se han traballar nas sesións maxistrais, para o que se prevé a elaboración dun breve glosario. A data do exame é a do calendario oficial da Facultade de Filoloxía e Tradución.

Aquelas persoas que non superen a materia ao final do cuadrimestre, deberán presentarse ó exame escrito na data oficialmente establecida pola Facultade con vistas á segunda edición de actas.

Avaliación única

O alumnado que prefira someterse a avaliación única deberá examinarse de todos os contidos da materia nun exame final único que se realizará na data oficial.

Aquelas persoas que non superen a materia ao final do cuadrimestre, deberán presentarse ó exame escrito na data oficialmente establecida pola Facultade con vistas á segunda edición de actas.

Observación

O plaxio será penalizado. En caso de detectárense prácticas que impliquen plaxio poderase invalidar a cualificación na proba correspondente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000