Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Lingüística: Introdución á lingüística aplicada
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminarios O alumnado deberá facer unha lectura exhaustiva de cada texto proposto. Ademais, deberá entregar con antelación á celebración de cada seminario un breve documento que inclúa un resumo, unha avaliación crítica e unhas preguntas para o debate.
Para obter a máxima cualificación nesta metodoloxía é imprescindible a asistencia e a participación activa nas sesións.
40 B1
B2
B8
D3
D8
D9
Traballos tutelados Valorarase a capacidade do alumnado para conxugar os coñecementos teórico-metodóloxicos acabados ao longo do cuadrimestre na resolución das problemáticas propostas para o conxunto das actividades que ha elixir da relación proposta. 40 B1
B2
B7
B8
C5
C8
D3
D8
D9
D12
Probas de resposta curta Valorarase a capacidade de síntese e a precisión na respostas.
O alumnado semipresencial está obrigado a realizar estas probas de xeito presencial no día e hora que se fixe.
20 B1
B2
B7
B8
C5
C8
D3
D8
D9
D12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Contémplanse dúas posibilidades de avaliación: continua e única. Cada discente ten que comunicar a súa preferencia na segunda semana de clase.

Avaliación continua

É a recomendada para todo o alumnado. Contempla as actividades que se describen na táboa anterior. Para a avaliación continua é moi recomendable a asistencia as horas presenciais (incluidas as prácticas). No caso do alumnado semipresencial debe asistir á sesión de presentación, a dúas titorías (individuais ou grupais) e ás probas escritas previstas. No resto, debe realizar e entregar as tarefas de avaliación indicadas en tempo e forma.

A materia de exame (probas de resposta curta que se realizará en data a concretar co alumnado) inclúe a lista de conceptos que se han traballar nas sesións maxistrais, para o que se recomenda a elaboración dun breve glosario. 

Aquelas persoas que na primeira convocatoria non superen a materia polo sistema da avaliación continua, na convocatoria de xullo deberán presentarse ó exame escrito na data oficialmente establecida pola Facultade.

Avaliación única

O alumnado que prefira someterse a avaliación única deberá examinarse de todos os contidos da materia nun exame final único que se realizará en data que se concretará durante as primeiras semanas de clase. En caso de non superar ese exame terá unha segunda oportunidade da convocatoria de xullo na data establecida oficialmente pola Facultade.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000