Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Lingüística: Introdución á lingüística aplicada
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral A participación nas clases teóricas, particularmente no espazo reservado para a discusión e o debate serán motivo de avaliación positiva.
10
Resolución de problemas e/ou exercicios A avaliación terá en conta a calidade das respostas aos exercícios e problemas propostos 20
Presentacións/exposicións Prestarase especial atención á calidade da exposición oral, a claridade e o dominio das técnicas argumentativas e a capacidade de persuasión 10
Traballos tutelados Calidade formal do traballo escrito, orixinalidade e capacidade argumentativa. Valorarase especialmente as reflexións persoais 35
Probas de resposta curta Valorarase a capacidade de síntese e a precisión na respostas.
O alumnado semipresencial está obrigado a realizar estas probas de xeito presencial no día e hora que se fixe.
25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Contémplanse dúas posibilidades de avaliación: continua e única.

Avaliación continua

É a recomendada para todo o alumnado, contempla as actividades que se describen na táboa anterior. Para a avaliación continua é moi recomendable a asistencia a un mínimo do 80% das horas presenciais. No caso do alumnado semipresencial debe asistir á sesión de presentación, a dúas titorías e as probas escritas previstas. No resto, debe realizar e entregar as tarefas de avaliación indicadas en tempo e forma.

A materia de exame (probas de resposta curta que se realizará na derradeira semana de clase) inclúe, en calquera das modalidades, todas as lecturas consideradas obrigatorias, así coma os contidos teóricos e prácticos. Aquelas persoas que na primeira convocatoria non superen a materia polo sistema da avaliación continua, na convocatoria de xullo deberán presentarse ó exame escrito na data oficial.

Avaliación única

O alumnado que prefira someterse a avaliación única deberá examinarse de todos os contidos da materia nun exame final único que se realizará na derradeira semana de clase. En caso de non superar ese exame terá unha segunda oportunidade da convocatoria de xullo na data establecida oficialmente pola Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000